sábado, 29 de xaneiro de 2022

SÁBADO 29 de XANEIRO do 2022

Leandro
Cristina Corral Soilan
Comezamos coa nosa sintonía habitual saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores e despois de escoitar un bocadiño de música, coma sempre, conectamos con Galicia para manter unha conversa-entrevista con CRISTINA CORRAL SOILÁN, xunto con LEANDRO LAMAS. Felicitámolos a ambos pola recente publicación do libro NO FAIADO. A creatividade literaria correspóndelle a Cristina e as ilustracións son de Leandro. Unha ampla conversa para coñecer algo máis sobre esa publicación editada por Edicións Embora, que seguro tódolos nosos oíntes e seguidores interesados poderán adquirir próximamente. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, concretamente en Fisterra, para recibir a súa crónica semanal con informacións e noticias de interese relacionadas con aquela contorna. Voltamos a repetir que para ampliar informacíon e noticias de interese poden entrar na páxina:  Que Pasa na Costa.gal, onde atoparán, máis polo miudo, as noticias que nos avanza Oscar M. Rey. Lembrámosvos que este programiña reemítese por Radio Roncudo e Radio Neira os domingos de 12 a 14h.

 

Despois de escoitar outro bocadiño de música conectamos novamente con Galicia, concretamente A Fonsagrada, onde se atopa o noso amigo e grande reporteiro gráfico Manuel Fernández, máis coñecido por Manolo Foteiro. Ponnos ao corriente da celebración da "Feira do Butelo" de A Fonsagrada, declarada de Interese Turístico Galego e que nesta ocasión cumple 25 anos de existencia. Enviámoslle os nosos parabens, pola parte que lle toca e infórmanos de varios aspectos da Feira, das súas colección de máquinas de fotos, de reloxos, de reportaxes e videos, de proxectos nos que está involucrado e doutras cousas de interese. Agradecémoslle a súa participación.

E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!


Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...