Guadi Galego |
A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte Oscar da Fontiña, que nos fai a súa crónica semanal escollendo algunhas das noticias máis interesantes que suceden por alí. Os nosos oíntes e seguidores poden ampliar esta información entrando na páxina "quepasanacosta.gal". Voltamos a indicar, a tódolos nosos oíntes e seguidores que este programa reemítese en Radio Roncudo e Radio Neira, os domingos de 12 a 14h.
Continuamos emisión e poñémonos en contacto co noso compañeiro Armando Fernández. Aproveitando que está a disfrutar dun día de xuntanza, cóntanos en qué consistiu esa viaxe da que disfrutou hoxe. Unha colçotada acompañada de carne, butifarra e moi boa compañía. Tamén dedicaron un espazo para algunha que outra visita cultural.
A segunda hora comezámola conectando co noso amigo e colaborador Xulio Simón, que se reincorpora a esta emisión radiofónica, despois dun pequeno tempo de "descanso obrigado" por mor dunha posta a punto sanitario. Como sempre fainos un pequeno percorrido por algunhas informacións culturais. Agradecemos a súa estimada colaboración e agardamos voltar a contar con el o vindeiro sábado.
Manuel Costiña |
Damos conta dalgunhas informacións locais relacionadas tamén coa cultura: O próximo luns 14/02 teremos na Universitat de Barcelona ao historiador don Ramón Villares facendo unha charla sobre Cultura e Política na Galicia do século XX: de 16:30 a 17:30 na Aula 102b. E ao día seguinte, 15/02 estará presentando o seu libro "Cultura e política na Galicia do século XX" na librería La Memoria de Gracia, ás 18:30.
Finalizamos o programa escoitando un bocadiño máis de música e despedíndonos ate o vindeiro sábado. Aquí colgamos o programa enteiro para quen o desexe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario