sábado, 19 de febreiro de 2022

SÁBADO 19 de FEBREIRO do 2022

Elisabeth Oliveira
Comezamos, un día máis, este noso programiña de dúas horas en galego, coa sintonía de sempre e ofrecéndolles unha peza de María Bethania, para recibir á primeira convidada de hoxe, dona ELISABETH OLIVEIRA, Licenciada en Letras Modernas pola Univesidade de Lille e en Filoloxía Francesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Falamos do seu libro de poesías "POESIS" que conten creacións nos catro idiomas: Galego, Portugués, Francés e Castelán. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moitos exitos.

A segunda intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSKAR DA FONTIÑA, que sempre ten preparada unha crónica resumida dos acontecementos máis salientables daquela zona. Voltamos a repetir, coma sempre, que teñen máis ampliación desa noticias na páxina oficial de quepasanacosta.gal. ¡Moitas Grazas, Oskar!

Continuamos o programa e recibimos a participación colaborativa do noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, ainda que hoxe atópase na Costa Brava...
 

Conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira. A súa crónica semanal conten asuntos culinarios e outras interesantes novidades.


Falamos a continuación con dona Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco, que están a celebrar un acontecemento de grande relevancia: Conmemoración do Centenario da IV Asamblea Nacionalista das Irmandades da Fala, en Monforte de Lemos. Esta xornada estivo coorganizada polo Consello da Cultura Galega, a Fundación Otero Pedraio, a Fundación Vicente Risco e o Concello de Monforte. Celebráronse ponencias por parte de varios intelectuais de grande talla, como Emilio Xosé Ínsua López, e Aurora Marco... ... Estivo como coordinadora a grande poetisa Olga Novo... e clausurará a Xornada a nosa amiga e admirada artista cantautora galega Uxía Trío. Desexámoslle moitos éxitos.

Xurxo Alvarez García 
Temos o privilexio e a honra de entrevistar a Jorge Álvarez García. Diseñador da vestimenta que luciron os acompañantes e as propias artistas do Benidorm-Fest, Tanxugueiras. Mantemos unha conversa (cativa pero intensa) moi distendida e interesante. Agradecémoslle a súa participación e desexámoslle que siga acadando moitos máis éxitos cos seus diseños e cos desfiles.
 

Finalizamos as intervencións coa conexión co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, con quen mantemos sempre unha conversa interesante.

Desexamos que teñan unha feliz semana. Aquí deixamos o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...