luns, 29 de xuño de 2026

SÁBADO 27 de XUÑO do 2026

 PROGRAMA ESPECIAL CELEBRANDO O 40 ANIVERSARIO DA EMISIÓN "SEMPRENGALICIA" 

EN RADIO CORNELLÀ

Estamos na Sé da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellà, na rúa Garraf. Comezamos o programa, coma sempre, coa nosa sintonía, as salutacións aos escoitantes e seguidores, pero tamén aos asistentes. Un bocadiño de música e recibimos a primeira felicitación nada menos que a do don  VALENTÍN GARCÍA, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Tamén escoitamos a de Rebeca Munín, Vicepresidenta de AMEGA (Asociación de Medios de Comunicación en Galego) e falamos co noso correspondente viaxeiro XOAN ARCO DA VELLA, que tamén aproveita para felicitarnos. Desexámoslle un feliz verán.

A continuación escoitamos unha peciña das nosas "Rosalieiras", cantareiras da Asociación C.G.Rosalía de Castro, tamén recibimos outra felicitación moi importante, a de XABIER DÍAZ, e a de ANA VILA PORTOMEÑE, a Poeta Labrega. Conectamos con MANUEL RODRÍGUEZ JULIÁN, que foi o primeiro director deste programa que hoxe celebra os 40 anos de existencia. Tamén o parabenizamos, pola parte que lle toca.

Seguimos con música e dámoslle paso á crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que sempre ten preparado un resumo das novidades que acontecen naquela contorna, ademais de lembrarnos que se poden ampliar esas novas na páxina quepasanacosta.gal e que mañá domingo voltará a escoitar este noso programa en Radio Roncudo a partir dasa dez da mañá. Agradecémoslle a súa colaboración e desexámoslle un feliz verán. Tamén se re-emitirá este programa o lun en Radio FENE, como cada semana.

Recibimos a Felicitación moi sentida de HENRIQUE FDEZ-MON SÁNCHEZ, ex-Presidente que foi da A.C.G.Rosalía de Castro e codirector deste programa nun tempo atrás. Fai lembranza dalgúns momentos importantes no desenvolvemento deste programa. Agradecémoslle a súa intervención.

Agradecemos a presencia de XOSEFINA GONZÁLEZ, que tamén formou parte da dirección deste programa durante un tempo, xunto con outras persoas. Coméntanos a súa experiencia enriquecedora e a participación que tivo de moitas persoas que estiveron ao seu carón. Tamén recibimos a felicitación da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA. Aproveitamos a interpretación dun cuarteto de gaiteiros da Asociación, para disfrutar da nosa música.

Entrevistamos a MARISA LÓPEZ TEIJÓN, doutora, xinecóloga, investigadora e divulgadora. Naceu en Vilafranca do Bierzo, moi colecida pola súa traxectoria relacionada coa reproducción asistida, e pola súa participación en proxectos de innovación e vivenda colaborativa. Durante un tempo foi directora do Instituto Marqués, centro especializado en tratamentos de fertilidade. Ten investigado sobre a aplicación da música en embrións e na audición fetal, pola que ten recibido o Premio Ig Nobel de Obstetricia. Felicitámola pola súa traxectoria investigado e ela aproveita para felicitarnos a nosoutros polo noso aniversario. Prometemos voltar a entrevistala.

Recibimos a chamada de ROCÍO GARCÍA PÉREZ, diputada no Parlamento de Catalunya. Felicítanos pola nosa traxectoria que ela mesmo coñece ben de preto, xa que estivo sempre moi ligada á nosa traxectoria radiofónica. Como periodista e responsable, tempo atrás, sendo Directora de Radio Cornellà, Agradecémoslle a súa amable atención e despedímola con música das nosas "Rosalierias".

Intervén o noso Presidente OLIVER FERNÁNDEZ, para agradecer a presencia dos asistentes e continuamos a conversa con XOSEFINA, ao tempo que recibimos a felicitación de CHRISTIAN SALLES, dende Brasil, a de CLARA FARIÑA, das Pandereteiras de Verducido e a de ANTONIO ÁLVAREZ, Presidente da Asociación Castaño e Nogal de Quintá de Cancelada.

Acompáñanos MIREIA NAVARRO, actual Directora de Radio Cornellà, a quen lle agradecemos a súa presencia e tamén que nos permitira poder emitir este programa para conmemorar este Aniversario cheo de participación e felicitacións que estamos a recibir. A súa felicitación é unha mostra máis do aprezo e cariño que se percibe polos responsables da Radio. Agradecémoslle as súas verbas e a participación de hoxe. Os nosos gaiteiros interveñen para animar a súa presencia.

Cantan as nosas Rosaileiras e despois recibimos as felicitacións do noso correspondente XULIO SIMÓN, dende Combarro. Tamén escoitamos a felicitación de CARMEN PENIM e PABLO, Administrador de Correos xubilado, que dende Vigo tamén nos envía a súa feiticeira felicitación. Falamos con Emilio Luís, que nun tempo atrás foi director deste programa que hoxe está de aniversario. Parabenizámolo, pola parte que lle toca e, agradecémoslle a súa aportación de hoxe no programa.

Falamos con SERXIO SEOANE, outra coordinador deste programa que nun tempo tamén estivo participando e axudando a súa difusión. Recibimos a felicitación doutra escritora e poeta amiga, dende Lalín: CHARO GOLMAR.

Os gaiteiros volven a interpretar outra peciña e recibimos as felicitacións de PILAR ANSEDE, Presidenta do Centro Galego de Barcelona e LUÍS LOSADA, Profesor xubilado e colaborador do noso programa coas súas "Palabras voadoras" e xa non temos máis tempo para recibir outras felicitacións que nos chegaron. Despedimos o programa ata o vindeiro mes de outubro que voltaremos con máis azos para seguir con esta tarefa comunicativa tan engaiolante.

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro, sin as felicitacións que colocamos a continuación, para que quede documentación.

Publicamos neste noso blog, o resto das Felicitacións que non puidemos escoitar na emisión de hoxe: XOSÉ MANUEL F.  MONTES, CESAR PAZOS, JUAN RODRÍGUEZ GÓMEZ DACAL (Do Centro Galego de Lleida) e MANOLO BARCIA. Moitísimas Grazas!

Outras poucas felicitacións, que non puidemos escoitar no programa: PEPE FORMOSO, VICTOR HUGO, CAROLINA SILVA, RAFA de RADIO MONFORTE e PEDRO PÉREZ (do Grupo Duplex). Moitísimas Grazas!





Ningún comentario:

SÁBADO 27 de XUÑO do 2026

  PROGRAMA ESPECIAL CELEBRANDO O 40 ANIVERSARIO DA EMISIÓN "SEMPRENGALICIA"   EN RADIO CORNELLÀ Estamos na Sé da Asociación C.G.Ro...