Terceiro programa deste ano 2022. Comezamos saudando a tódolos nosos oíntes e seguidores a escoitamos a María Bethania coa peza "Sonho meu" para conectar co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos envía a súa crónica semanal. Para saberdes algo máis relacionada con estas terras podedes entrar na páxina: https://www.quepasanacosta.gal/. Agradecémoslle, coma sempre, a súa moi estimada colaboración estimada.
|
Fransy González |
A segunda intervención é con
FRANSY González, Profesora de baile e canto. Unha das voces máis representativas da música tradicional galega. Dende moi noviña formou parte da
Asociación XIRADELA. Ao longo da súa carreira ten gravado e colaborado con artistas como Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jorde Savall, Erik Marchand, The Chieftains e actualmente forma parte do trio
Fransy, Davide e Cibrán. Felicitámola polo seu labor de profesora e de receptora e recolledora de cantos e músicas tradicionais da zona de Bergantiños. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.
Conectamos con
Olga Novoa. Agradecémoslle o envío que nos fixo dos exemplares da revista cultural que axuda a publicar:
"Nós, a Xente do Redor". Editada en Ourense ten a participación de moitos e grandes poetas, escritores, pintores e persoas de recoñecida valía. Seguiremos en contacto.
A segunda hora dámoslle a ben-vida a dona
África González Fernández, Médica Catedrática de Inmunoloxía na Universidade de Vigo, cofundadora da empresa Nanoinmunotech e académica da Real Academia de Farmacia de Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención. Axúdanos a coñecer algo máis sobre cómo temos que comportarnos e o que posiblemente vai acontecer coa pandemia que estamos a padecer.
Continuamos o programa recibindo a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernanda Follana Neira. Novidades e informacións precisas dos aconteceres naquela contorna.
Despedímonos dos nosos oíntes e seguidores ata o vindeiro sábado á mesma hora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario