E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. Deixamos aquí o programa enteiro.
sábado, 25 de novembro de 2023
SÁBADO 25 de NOVEMBRO do 2023
sábado, 18 de novembro de 2023
SÁBADO 18 de NOVEMBRO do 2023
E despedímonos dándolle as grazas ao noso convidado-visitante de hoxe, a quen lle ofrecemos a posibilidade de achegarse aos nosos estudos cada vez que o desexe. Foi unha honra aprender con Totó, moitas cousas daquel Val das Ermitas, tan fermoso e singular. ¡Moitas Grazas, Antonio Rey (Totó)! Ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos aquí o programa completo.
sábado, 11 de novembro de 2023
SÁBADO 11 de NOVEMBRO DO 2023
Comezamos a segunda hora conectando do Presidente de ASOBECAT, JUAN PEDRO SÁNCHEZ, que hoxe mesmo celebran o seu MAGOSTO-2023, no "Asador del Bierzo". Fálanos dun menú excepcional que van a degustar antes de tastar as castañas do Bierzo. Tamén aproveitamos para felicitar e saudar ao recente Vicepresidente da Asociación de Bercianos, ALFONSO MIGUEL MARTÍN, elexido hai uns días, na última Asamblea. Desexámoslles que teñan unha grande Festa.
Despedímonos porque a continuación ofrecémoslles unhas grabacións xa programadas con antelación.
Escoitamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre ten unha moi interesante comunicación cultural.
Deixamos aquí o programa enteiro.
sábado, 4 de novembro de 2023
SÁBADO 4 de NOVEMBRO do 2023
Conectamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, fainos unha intervención informativa sobre algúns aconteceres. Breve comunicación xa que o temporal que está azoutando Galicia (borrasca Ciara e borrasca Domingos) impide poder saír a pasear ou achegarse a ningún lugar, o mellor é acollerse para non ter ningún percance. Agradecémoslle a súa participación de hoxe.
Damos a coñecer algunhas informacións que nos chegan á Redacción, como o Recital Poético que se realizará o vindeiro día 11 no Centro Galego de Barcelona a partir das 6h da tarde, na que participarán Tamara Andrés, Sara Villar Aira e Ánxela Lema París. Os Magostos que celebra a A.C.G.SAUDADE de Barcelona e a Asociación AGARIMOS de Badalona, hoxe mesmo. Tamén comunicamos que poden asistir ao Magosto que celebra a A.C.G.Rosalía de Castro na rúa Federico Soler, 71 a partir das 20:30h, diante da Entidade. Estan todos convidados. Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Escoitamos a colaboración de LUIS LOSADA, co envío das súas PALABRA VOADORAS, nas que nos fai partícipe do libro de Brais Lamela, con apuntes moi interesantes para os lectores e invítanos a súa lectura. Agradecémoslle esta aportación cultural ao noso programa.
Despois fálanos XULIO SIMÓN RÚA, dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro. Mándanos a súa crónica semanal con apuntes tamén culturais moi interesantes, finalizando a súa intervención propoñéndonos escoitar unha peza de Mafalda Arnauth feiticeira: "Bendito Fado, Bendita Gente".
Deixamos aquí o programa enteiro.
SÁBADO 11 de XANEIRO do 2025
Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e música de JAVI MANEIRO , a quen saudamos e felicitamos o novo ano e...
-
1º SORTEO - CONCURSO Fin de Semana nun Hotel-Vivenda Rural en Galicia. Poñemos en marcha este concurso do que damos cumprida información aqu...
-
Ola Outra vez: Desta volta é para que vos poñades en contacto e comecedes a "reclamar" o voso número para participar no SORTEO OFI...
-
Outro sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e escoitamos un bocadiño de música mentres nos poñemos en...