sábado, 11 de novembro de 2023

SÁBADO 11 de NOVEMBRO DO 2023

Outro programa máis para tódolos nosos oíntes e seguidores. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e as salutacións oportunas. Ofrecémoslles unha peza de música da cantautora ROCÍO CAAMAÑO, nada en Cee, para despois conectar con ela e aproveitar para felicitala pola súa traxectoria creativa. Estivo actuando no verán, concretamente no mes de Agosto en San Feliú de Guixols, xunto con outros músicos de sona internacional, como Rozalén e outros. Conversamos un bocadiño con ela, denantes de actuar en Torrelodones. Agradecémoslle a súa amable atención e prometémonos voltar a conectar con ela para que nos siga informando das súas intervencións e concertos, ademais somos primicia, xa que nos adiante que pronto sairá ao prelo un novo single. Desexamos que teña moita sorte e moitos éxitos.

A seguinte intervención é a do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos ofrece a súa crónica semanal coas informacións e noticias que escolle moi particularmente para tódolos nosos oíntes e seguidores. Aproveitamos para dicirlles que poden ampliar moi detidamente tódolas novidades na páxina de quepasanacosta.cal, como lles vimos dicindo cada semana. Tamén lles lembramos que este programa re-emítese os domingos a partir das 10h da mañá en Radio Roncudo.

Despois de escoitar outra peza musical, poñémonos en contacto con EDUARDO Alberto Rodríguez Cunha, máis coñecido por TATÁN, fundador da Compañía de Teatro TANXARINA-Títeres, precisamente escoitando a peza musical titulada "Bailar de novo", que acaban de publicar coa súa voz e a participación de Chus e Raquel Domínguez. En anteriores emisións xa a escoitáramos, pero hoxe voltamos a emitila. Está traballando na próxima actuación que fará en Madrid. Coméntanos algunhas cousas interesantes da súa tarefa artística e cretaiva. Desexámoslle que siga tendo moita sorte e moitos éxitos en tódolas súas actuacións.

Comezamos a segunda hora conectando do Presidente de ASOBECAT, JUAN PEDRO SÁNCHEZ, que hoxe mesmo celebran o seu MAGOSTO-2023, no "Asador del Bierzo". Fálanos dun menú excepcional que van a degustar antes de tastar as castañas do Bierzo. Tamén aproveitamos para felicitar e saudar ao recente Vicepresidente da Asociación de Bercianos, ALFONSO MIGUEL MARTÍN, elexido hai uns días, na última Asamblea. Desexámoslles que teñan unha grande Festa.

Despedímonos porque a continuación ofrecémoslles unhas grabacións xa programadas con antelación.

A primeira é a intervención do Ilmo. Sr. Alcalde do Concello de Viana do Bolo, don ANDRÉS MONTESINOS, que nos fala da problemática relacionada co parón que afecta á Mina de Penouta. A Corporación Municipal que preside ven apoiando e participando na demanda de reapertura e explotación da mencionada mina. Fixeron un pleno no que tódolos membros, incluida a oposición, aprovaron unha resolución de apoio e solidaridade coas reivindicacións dos traballadores. Tamén nos informou das diversas actuacións que ten previsto realizar para beneficio da poboación de Viana do Bolo. Agradecémoslle a súa atención e desexamoslle moita sorte.

Escoitamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre ten unha moi interesante comunicación cultural.

Deixamos aquí o programa enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...