Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e ofrecéndolles a escoita dunha peza musical para recibir a primeira comunicación, a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos fai un resumo dos aconteceres naquela contorna. Os interesados poden ampliar estas noticias na páxina de quepasanacosta.gal. Tamén aproveitamos para felicitar a Oscar a a Fina Paulos, porque xa forman parte do Consello da Cultura Galega, como membros da equipa de investigación e Docencia. ¡Noraboa! Lémbralle aos nosos escoitantes e seguidores que, este programa, volverá a escoitarse nas ondas de Radio Roncudo, mañá, domingo a partir das dez da mañá. Agradecésmolle a súa aportación e desexamos que teña unha boa semana.

Despois de escoitar outro bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico
XOAN ARCO DA VELLA. Nesta ocasión coméntanos algo sobre tres lugares moi especiais que se atopan no Camiño de Santiago Portugués:
O Alto de Labruja, O Chan das Pipas e a Canicouva. Lugares que paga a pena visitar polo de importancia que tiveron nun momento histórico importante, como foi a invasión das tropas de Napoleón.
A seguinte comunicación é a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses,
FERNANDA FOLLANA NEIRA, que hoxe se atopa en San Román de Cervantes para poder disfrutar do Documental que leva por título: "
Prisciliano e a Gallaecia". Foi realizado por Aser Álvarez, de Arraianos Produccións. Desexamos que disfrute desa proxección.

Seguimos escoitando música e poñémonos en contacto con TANIA MOSQUERA CASTRO, investigadora da Universidade de Santiago de Compostela. Felicitámola porque, xunto con outros tres investigadores, Mikel, Hugo e Roque, levarán a cabo o proxecto MEPRA: Memoria, Patrimonio Rural e Arqueoloxía das covas e abrigos das serras orientais. Este proxecto é beneficiario dunha axuda da IV edición do Programa de Forcados do Centro Universitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) para fomentar a investigación posdoutoral e colaborativa. Contan coa colaboración dos concellos de Baleira, Baralla e Becerreá, así como tamén coa colaboración da "Asociación Castaño e Nogal" en Quintá de Cancelada. Agradecémoslle a información detallada e desexamos que teñan moitos éxitos.
Damos información de sendas actividades e actuacións que teñen lugar en Hospitalet e Barcelona, promovidas concretamente pola "Casa Galega de Hospitalet" e polo "Centro Galego de Barcelona".
Finalizamos o programa anunciando a crónica do noso correspondente XULIO SIMÓN RÚA, que sempre finaliza cunha proposta musical interesante. Desexamos que teñan unha feliz semana.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario