sábado, 14 de outubro de 2023

SÁBADO 14 de OUTUBRO do 2023

Segundo programa desta tempada 2023/2024. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de costume e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte OSCAR REY CALO, que ten preparada a súa crónica semanal resumida, pero chea de información interesante. Coma sempre indica que se pode ampliar as súa informacións na paxína que eles coordinan quepasanacosta.gal, sempre accesible para tódolos nosos oíntes e seguidores. Agradecémoslle a súa aportación.

A segunda intervención é a do Sr.Presidente da Asociación Cultural Galega Airiños da Nosa Galicia en Santa Coloma de Gramenet, don XOSÉ CANOSA. Felicitámolo polas moitas actividades e eventos que estan realizando ultimamente e recibimos información cumprida e moi importante, relacionada coa "9ª Festa Cultural do Pulpo" prevista para a seguinte fin de semana dende o 19 ata o 21 de outubro, no Parc Europa de Santa Coloma. Tamén nos informa doutras actividades e eventos importantes que teñen previsto realizar. Agradecémoslle a súa amable atención.


Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con dona MARÍA XOSÉ PORTEIRO, Escritora, periodista, política Licenciada en Publicidad e Relacións Públicas. Agradecémoslle a súa participación no noso programa. Comentamos algunhas novidades e actuacións importantes que terán pronto suceso en Galicia. Comentamos o evento "VigoFem" (onde estarán Xina Vega, Miriam Ferradans e Su Garrido Pombo, entre outras) que se realiza dende o 16 ate o 20 de outubro que é un proxecto artístico e cultural protagonizado por mulleres, coincidindo coa Día da Escritoras. Tamén nos fala dos Premios da Crítica, da nova composición do Xurado, presidido por don Manuel Bragado Rodríguez. María Xosé será a encargada de facerlle a "laudatio" ao Presidente saínte, don Bieito Ledo Cabido. Enviámoslle a nosa máis sinceira felicitación e desexamos que teñan moitos éxitos.

Encetamos a segunda hora conectando coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, fainos a súa crónica semanal e comentamos algunhas das noticias que nos comunica e agradecémoslle as instantaneas que nos envía para compartir con tódolos nosos oíntes e seguidores.

Conectamos novamente con Galicia para entrevistar a unha Artista, cantautora e Poeta, que admiramos e que tiñamos previsto falar con ela hai tempo: LUCÍA ALDAO. Dámoslle a benvinda e agradecémoslle que nos atenda tan amablemente. Felicitámola pola súa intervención e participación nun evento moi importante en Tunez, convidada polo Instituto Cervantes. Tamén pola actuación na que acaba de participar hoxe mesmo, en Fisterra, no "Natasha Lelenco"-Casa das Peritas. Despois da charla distendida e amena que nos dispensou, agasallános coa declamación dun poema seu. ¡Moitas grazas Lucía! Seguiremos en contacto e desexamos que sigas colleitando moitos éxitos.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Pero deixamos aquí a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, XULIO SIMÓN RUA, que nos envía a súa crónica semanal moi interesante.

Colocamos aquí o programa completo, sin interrupcións.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...