Seguidamente conectamos con dona MERCEDES VÁZQUEZ SAAVEDRA, a quen felicitamos e parabenizamos efusivamente porque ven de recibir o título de MESTRE DA MEMORIA, xunto con Xan de Vilar. Fálanos da súa traxectoria como fotógrafa, como etnógrafa, como escritora e como recuperadora dos Entroidos, tanto galegos coma portuguese zamoranos e moitos máis. Séntese como unha verdadeira "Arraiana" e con moita querenza daquelas terras de Montalegre, Couto Mixto, Pitoes das Junhas, Castro Leboreiro... ... Desexamos que siga tendo moita sorte e colleitando os froitos que vai sementando.
Recibimos a participación do noso amigo e colaborador HENRIQUE FEDEZ-MON SÁNCHEZ, que dende Navia de Suarna fálanos das xa rematadas vindimas na Ribeira Sacra, da súa recente visita a terras de Portugal, moi concretamente as vilas e localidades de Tomar, Coimbra e outras. Tamén nos fala da celebración dos Magostos, que en Galicia está moi presente pola época na que estamos. Precisamente esta fin de semana celébrano en Navia de Suarna, cunha carpa para mellor acoller aos participantes.
Falamos con MANUEL VAZQUEZ OSORIO, Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, que a semana pasada celebraron a "Festa do Pulpo" cunha grande afluencia de asistentes e moito éxito. Para vindeiras datas, concretamente o día 11 de novembro, coincidindo co San Martiño, clebrarán o Magosto na Entidade, ao que nos convida para disfrutar das castañas asadas acompñadas de viño galego.
Despois conectamos coa Mariña Luguesa, desde onde nos fala o Poeta PACO RIVAS, que sempre ten unha conversa moi acaída e danos a súa impresión sobre momentos da actualidade e outras cousas. Por motivos alleos tivemos un corte na comunicación, pero comprometémonos para continuar, en vindeiras datas, coa conversa interrumpida.
Desexamos que teñan unha feliz semana.
Escoitamos a crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Unha aportación cultural con noticias interesantes e de actualidade.
Deixamos aquí o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario