sábado, 21 de outubro de 2023

SÁBADO 21 de OUTUBRO do 2023

Emisión do noso programa, un sábado máis, comezando coa nosa sintonía, os saúdos a tódolos nosos oíntes e seguidores, presentando o equipo, co noso Técnico de Son á fronte, Kiko Belinchón, e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos fai un resumo informativo do que sucede naquela contorna. Os interesados xa saben que poden seguir informándose na páxina quepasanacosta.gal. Esta emisión re-emítese en Radio Roncudo, Radio Neria, mañá domingo e en Radio Fene os luns. Desexámoslle que pasen unha feliz semana.

A segunda intervención é a da Escritora, Narradora, Poeta e Actriz MARÍA LADO LARIÑO. Felicitámola e dámoslle os nosos parabens porque ven de recibir, xunto co resto dos actores e actrices da película "O Corno", a Cuncha de Ouro do Festival de cine de San Sebastián. Conversamos con ela sobre a película, que nos recomenda. Fálanos un chisco de qué vai o entramado moi feminino e ambientado en Galicia. Tamén sabemos algo máis da súa traxectoria poética, escritora de teatro, traballa con Lucía no espectáculo "AldaoLado"... Agradecémoslle a súa atención e desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos.

Entrevistamos ao Poeta, Escritor, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, RAFAEL VILLAR GONZÁLEZ. Felicitámolo porque acaba de ser o recente gañador do "XXI Premio de Poesía da Fundación" polo seu traballo "Os lugares da Memoria". Fainos saber algo máis dese poemario tan interesante e agradecémoslle que nos ilustre coa súa participación.

Recibimos á Doutora, Investigadora e Neurocientífica dona SONIA VILLAPOL SALGADO, que nos fala dende Houston (Texas), mediante unha video-conferencia que empregamos nos estudios. Felicitámola porque acaba de estar en Lugo facendo o Pregón das Festas do San Froilán, acadando moito éxito. Preguntámoslle sobre o que está a investigar relacionado co Alzheimer e danos cerebrais. Recoméndanos que estemos sempre activos xa que eso axuda a que non aparezan os síntomas desa enfermidade. Parabenizámola pola edición do seu libro: "Consciencia: A Ciencia que nos rescatou da pandemia". Fainos a proposta de realizar unha conversa-entrevista sobre as investigacións dese tema que está a investigar para máis adiante, cousa que nosoutros aceptamos e propoñémonos conectar con ela a principios do vindeiro ano 2024. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.

A seguinte intervención é a do Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre nos recibe moi alegre. Fálanos das moitas presentacións e charlas que tivo neste verán, promocionando o seu último libro: "Posdata, Quérote". Precisamente dese mesmo libro de poemas recítanos dúas  creacións súas. Desexámoslle unha feliz semana e despedímonos ate o vindeiro sábado.

Deixamos aquí o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 26 de OTUBRO do 2024

Unha semana máis, como cada sábado, outra emisión do noso programa, con entrevistas, música e noticias dende Galicia. Comezamos coa nosa sin...