Comezamos unha nova tempada 2023/2024, cos mesmos desexos de facer amenas estas dúas horiñas de Radio en Galego. Dámoslles a Ben-vinda coa nosa sintonía e os saúdos oportunos para poñer un bocadiño de música e aproveitar para conectar co noso correspondente OSCAR REY CALO, que dende a Costa da Morte, sempre ten preparada unha crónica de informacións e noticias moi interesantes. Agradecémoslle a súa colaboración, que poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal, como xa lles temos dito noutras ocasións.
A segunda chamada é para podermos recibir información dende Terrassa, do Presidente, DON ANTONIO da I.Galega O Noso LAR de Terrassa". Celebran o 41 Aniversario da súa fundación e a "16 Festa gastronómica do Pulpo", prevista para os días 16, 17, 18 e 19 de outubro no mesmo Centro de Terrassa, nas Ramblas. Teñen previsto unha participación moi importante. Desexámoslles que teñan moita sorte e moitos éxitos.
Conectamos con dona MARTA DACOSTA ALONSO, Viguesa, Poeta, Profesora, Licenciada en filoloxía e recentemente galardonada co Premio de Poesía Filomena Dato, convocado polo Concello de Bergondo. O seu traballo leva por título: "Papaventos abismados". Parabenizámola e falamos un chisco desa obra premiada. Algo nos adianta de cómo se desenvolve esa obra premiada, e tamén algo máis coñecemos da súa traxectoria creativa e escrita, pero é moi curta e cativa a conversa, polo tanto quedamos para entrevistala noutra ocasión, con máis vagar e continuar aprendendo da súa man. Moitas grazas e moitos parabens, Marta.
Recibimos a colaboración da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, dona FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten preparada unha crónica interesantes relacionada con aquela contorna, ademais de comentar algunha que outra cousa na que está implicada, como pode ser a coordinación dalgunhas probas ciclistas que veñen desenvolvendo ultimamente. Agradecémoslle a súa participación.
Dende a Ría de Corcubión |
Falamos con PEPE FORMOSO, do Hotel Bela Fisterra, Presidente da Asociación APTCM Asociación Profesinal do Turismo da Costa da Morte. Paravenizámolo porque o seu Hotel ven de recibir outro Premio: "Sello ECOSTARS", pola sustentabilidade e o seu compromiso. Destaca tamén o Premio acadado polo "Bela Muxía": Kayak TravelAwards 2023. Outro evento que poñemos en valor é a proposta culinaria e excelente: "Disfruta da Gastronomía da Costa da Morte nos Meses con R". Unha grande idea para disfrutar, que seguro terá moitos éxitos.
E despedimos o programa ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario