Encetamos outro programa máis: dúas horiñas en Galego, para tentar ofrecerlles conversas en galego, entrevistas, noticias e música, co ánimo de entretervos agradablemente. Comezaamos escoitando unha peza "estrena" e primicia do ultimo CD de Xabier Díaz: "As catedrais silenciadas". Sérvenos para recibir ao noso correspondente na Baixa Limia, Xosé Lamela Bautista, con quen comentamos algunhas cousiñas que nos ampliará máis detidamente o seu convidado de hoxe. Agradecémoslle a súa colaboración.
Precisamente é LINO PERDIZ, da Plataforma da Baixa Limia, PLABALI, con quen xa temos falado nalgunha ocasión, pero nesta hecha coméntanos algúns avances na procura de poñer en valor esa zona da Baixa Limia, aínda que acompañadas con algunhas noticias menos favorables, que teñen que ver co entorno natural e coas promesas non cumplidas pola Administración, pero que procurarán esixilas para que nas proximas elecccións se teñan en conta, por parte dos políticos elixidos.
Falamos agora co Doutor CARLOS GUERRA RAMÍREZ, da Clínica Dental Valldaura, fundada polo seu pai PEDRO GUERRA MARQUÉS. Foi elixido "Berciano Ilustre 2020" pola Asociación de Bercianos en Cataluña, e precisamente entregaráselle esta homenaxe o día 29 de febreiro, no Hotel Front Air de Sant Boi de Llobregat, lugar no que se celebrará o "XVII Festival de Botillo en Cataluña". Unha conversa distendida e moi agradable. Agradecémsolle a súa aportación.
Continuamos a emisión e conectamos con don MANUEL GOMEZ ARIAS, Ilmo.Sr.Alcalde de Noceda del Bierzo. Este foi o Concello elixido, este ano 2020, pola ASOBECAT, como Homenaxe aos pobos do Bierzo. Felicitámolo e conversamos con el sobre esta localidade que ofrece moitas e interesantes cousas para os visitantes, non só pola súa riqueza cultural e gastronómica senón tamén polas propostas de sendeirismo e outras moitas cousas, que se poden disfrutar naquel Concello.
Falamos agora con XAN RODIÑO, que foi Campeón Nacional de BILLARDA. Danos cumprida información deste xogo popular e tradicional que se está a realizar nunha localidade de Pontevedra, Armenteira-Concello de TEIS, cumprindo un requisito da Liga Nacional de Billarda. Tamén nos dá a coñecer a páxina na que os nosos oíntes e seguidores poden informarse, máis polo miudo, deste deporte que está a recuperarse con bastante éxito e con moito acerto, para practicalo nas escolas, cousa que están solicitando á Administración: https://www.billardagalicia.com/. Agradecémoslle a súa participación.
Antes de finalizar comentamos os pormenores do "XVII FESTIVAL del BOTILLO en Cataluña" con Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, a quen lle agradecemos a súa visita. Desexamos que acaden moitos éxitos con esa fermosa celebración.
E despedímonos ate o vindeiro sábado. Que sexan felices!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario