Continuamos o programa e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos informa dos aconteceres daquela contorna galega. É unha escolla das moitas que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. E volve a lembrarnos que mañá, domingo poderá escoitarse novamente este noso programa en Radio Roncudo. O luns en Radio Fene, como cada semana. Agradecémoslle a súa colaboración tan estimada.
Máis música para continuar e falamos con MODESTO CARRIL, que foi quen nos trouxo a Dayana Díaz. Coméntanos cómo se coñeceron e cómo participa dirixindo a "Coral Petit Cor", de Barcelona. É Profesora de música.
Poñémonos en contacto con FERNANDO DE PAZ, Presidente de AMEGA, Asociación de Medios en Galego. Coméntanos cales son os obxectivos que ten previsto levar adiante e cómo están a traballar para que esta Asociación e os medios de comunicación en galego teñan máis presencia. O fundamental é acadar que os medios teñan un cometido máis formal e con moito máis recoñecemento. Concretamente un logro acadado é que o día 7 de febreiro recoñeceuse, a nivel institucional, como o "Día dos Medios en Galego". Desexamos que teña moito éxito neses proxectos e seguiremos esa traxectoira galeguizadora.
Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.




Ningún comentario:
Publicar un comentario