Comezamos este programa de hoxe dándolles a ben-vinda e saudando a Juan Pedro Sánchez, Presidente de ASOBECAT, con quen compartiremos unha morea de cousas. Conectamos con Galicia para falar co noso correspondente na Baixa Limia, José Lamela Bautista, que nos presenta á súa convidada de hoxe: Marta Delgado. Desexámoslle un Feliz Entroido.
Despedímolo e tentamos comunicacrnos con Marta, pero non nos foi posible, polo tanto seguimos adiante, neste sábado de Entrudio,, conectando co Bierzo, para falar con don JOSE OTERO, de Embutidos de Santa Cruz de Montes, que nos recibe moi amablemente e comentamos con el a súa participación no "XVII Festival del Botillo en Cataluña". Felicitámolo e coméntanos cousas relacionadas coa celebración dese gran Festival, novidades, novas instalacións en Barcelona, etcétera. Felicitámolo e ademais de desexarlle moitos éxitos agardamos poder saudalo persoalmente o vindeiro día 29 nesa celebración que organizan os Bercianos en Cataluña: ASOBECAT.
A continuación comentamos con Juan Pedro, Presidente de ASOBECAT, os pormenores dese FESTIVAL del Botillo en Cataluña. Falamos dos homenaxeados, do entrante-aperitivo, do menú do Rey don Botillo, que este ano virá acompañado de Androllas, e das sorpresas aos comensais.
Nesta segunda hora conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón Rua, que nos ten preparada a súa ctuación, moi interesante coma sempre, relacionada cunha Ruta excepcional, unha das mellores de Europa: "Ecopista do Río Minho". Un fermoso percorrido, que el realizou en bicicleta, pero que se pode facer camiñando... Unha alternativa de fin de semana moi interesante e moi recomendable.
Armando da lectura aos Actos que teñen previsto realizar na A.C.G.Rosalía de Castro. Posiblemente teremos a oportunidade de falar co Presidente para que nos amplíe esas noticias.
Falamos agora coa Poeta Pastora, dona NIEVES FERNANDEZ VIDUEIRA, que nos axuda a comprender un bocadiño mellor o Entrudio de Viana do Bolo. É un espectáculo poder asistir estes días a aquela zona do "País do Bibei", que teñen esa celebración ancestral e popular única en toda Galicia, e que a celebran con moito postin o Domingo Gordo, co xantar da Androlla, que este ano cúmplense nada menos que 50 anos. Agradecémoslle a súa colaboración.
Despois damos lectura a unha das poesías que ela nos deixa compartir no seu "Facebook" e que fai referencia precisamente ao Entrudio. ¡Moitas Grazas Nieves!
E aproveitamos este final, para desexarlles un Feliz Entrudio e unha feliz semana a todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario