Unha semaniña máis con todos vostedes. Comezamos escoitando unha peza musical e comentamos algunhas cousas relacionadas cos acontecementos que están próximos a celebrarse, como é o "XVI Festival de Botillo en Cataluña", organizado pola Asociación de bercianos en Cataluña, ASOBECAT, presidida por Juan Pedro Sánchez, e tamén algunhas noticias relacionadas coa galeguidade en Cataluña. Xa demos conta dalgunhas destas cousas en programas anteriores, pero queremos volver a comunicarvolas, por mor de que non se esquezan.
A seguinte é unha entrevista que lle facemos a Elena Ferro Lamela, zoqueira de cuarta xeración, á que felicitamos polo seu labor artesanal, e grazas ao cal precisamente, foi premiada a nivel Nacional. Felicitámola e comentamos con ela varias cousas, que nos fala da súa traxectoria artesanal, dos modelos de zocos e dos éxitos acadados despois de tantas décadas adicada a este oficio tan antergo.
Despois falamos con ANA da Asociación Galega de Amizade con Israel: AGAI, que nos comenta varias cousas relacionadas con esa Entidade e danos a coñecer o Acto de Commemoración Anual: "Día Internacional en Memoria das Víctimas do Holocausto" que se fará no Salón Noble do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, o 24 de Xaneiro. Tamén nos pon ao corrente doutras actividades, así como a Exposición "Os 13 Piares do Holocausto", que estará aberta ao público dende o día 13 de Xaneiro ate o día 1 de febreiro, naBiblioteca NODAL de Lugo, aínda que no cartel indica que se fará ate o 27 de xaneiro, como nos informou a comunicante.
.
Aproveitamos este espazo para lerlles unha das poesías coas que nos ilustra e ilumina o noso descanso, a nosa admirada poeta pastora de Quintela do Pando, Nieves Fernández Vidueira e que leva por título: "O Monte non me da medo".
Damos lectura a algunhas das informacións chegadas á nosa Redacción, e que teñen moito que ver coa nosa Comunidade.
E xa non dispoñemos de máis tempo para os asuntos que tiñamos previsto, polo tanto despedímonos de todos vostedes ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!
E xa non dispoñemos de máis tempo para os asuntos que tiñamos previsto, polo tanto despedímonos de todos vostedes ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Sexan Felices!
Ningún comentario:
Publicar un comentario