Outro sábado máis con todos vosoutr@s, tentando levar adiante este programiña de dúas horas en galego. Con conexión cos nosos correspondentes, entrevistas, informacións diversas e música dos nosos artistas galegos. A primeira comunicación, como é habitual, é co noso correspondente na Baixa Limia Xosé Lamela Bautista, que sempre ten preparada unha intervención interesante, relacionada con aquela zona da Raia, do Parque Internacional Gerés-Xurés.
Seguimos adiante e poñémonos en contacto co Presidente do Centro Galego Nós de Sabadell, Manuel Vázquez Osorio, a quen felicitamos porque tiveron a honra de recibir na súa Sede Social ao Sr.Secretario Xeral de Emigración, don Antonio Rodríguez Miranda, que convocou a tódolos representantes dos Centros Galegos de Cataluña para ter unha reunión con eles. Tamén nos fala da Celebración das actividades tradicionais do Centro e das dúas Grandes Celebracións que teñen previsto realizar unha en Maio e outra no mes de Outubro. Desexámoslle moitos éxitos.
Encetamos a segunda hora conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente Combarro, Xulio Simón Rúa, que sempre ten preparada unha crónica moi interesante relacionada coa nosa cultura e con destacadas informacións, aproveitando para presentarnos á seguinte convidada.
Loli Beloso Neira é a seguinte invitada a participar no noso programa. Felicitámola polo seu labor altruísta e humanista a prol da galeguidade e da recadación de cartos para investigación do cancro, na persoa do Doutor Angel Carracedo. Fálanos do seu labor, das Conferencias impartidas en Arxentina, concretmente na cidade de Magdalena o ano pasado, e que esta ano recuncará. Tamén nos comenta cousas previstas para o centenario do nacemento de don Isaac Díaz Pardo... ¡Moitas grazas, Loli!
Tamén aproveitamos uns minutiños para lervos a última poesía da nosa estimada Poeta Pastora, Nieves Fernández Vidueira, que leva por título: "O monte non me da medo".
Seguimos léndolles algunhas das informacións que recollemos na nosa Redacción, relacionados cos Premios MIN de música independente, con moitos participantes galegos, e algunha cousiña máis, que pode ser interesante para todos nosoutros.
Xa rematamos e enviámoslles os nosos mellores desexos para esta semana que ven.
Ningún comentario:
Publicar un comentario