Ultimo programa da tempada que comezamos escoitando unha peza do Grupo ZURRUMALLA, para conectarmos directamente coa Baixa Limia para falarmos co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que nos pon ao corrente de varias noticias relacionadas con algunhas das recentes celebracións na zona , así como da próxima entrega dos Xuíces Honorarios do COUTO MIXTO. Desexámoslle que pase un feliz verán.
Despois falamos con SANTIAGO LORENZO SUEIRO, que nos informa da publicación do seu libro: O REINO SUEWO (SUEVO) DE GALLAECIA, do que se atopa moi satisfeito, non só polas felicitacións recibidas senón tamén pola presentación "fabulosa" que lle fixeron en Madrid (concretamente na CASA de GALICIA). Informounos da próxima presentación en AGARIMOS, de Badalona o vindeiro día 8 de XULLO.
Novamente conectamos con Galicia, concretamente con Portomarín, para falar con RUBEN, responsable do Restaurante O MIRADOR, que tamén é Albergue no Camiño de Santiago. Confírmanos da recente inauguración do Hostal EL PADRINO, ao seu cargo. Ven a representar unha nova oferta hostaleira ao servizo dos camiñantes e turistas. Agradecémoslle a súa desinteresada colaboración e participación no noso programa.
Falamos con ARMANDO, que dende o País Vasco danos a súa impresión do seu percorrido por aquelas terras e deséxalle a tódolos nosos oíntes e seguidores unha felices vacacións.
Na segunda hora, coma sempre, conectamos coas Rías Baixas, para falarmos co noso correspondente XULIO SIMÓN, que sempre ten escollidas informacións interesantes e nesta ocasión ponnos en contacto con REBECA, do Restaurante "Tinta Negra" en Comabarro, que nos declama o famoso poema de Rosalía de Castro: "Unha vez tiven un cravo", traducido ao inglés. Agradecémoslle a súa inestimable colaboración e tamén nos despedimos desexándolles unhas felices ferias vacacionais.
A ultima conversa-entrevista é con dona CARMEN PENÍN, que ven de ser designada XUÍZ HONORARIA do Couto Mixto. Felicitámola e desexámoslle moitos éxitos. Fálanos de inminente celebración do Concerto que está a piques de realizar na Fundación Vicente Risco, en Allariz, e moitas cousas máis. Agradecémoslle a súa amable atención e despedímonos ate a vindeira tempada, convidánvos a que sigades sintonizándonos.
¡¡¡ Boas VACACIÓNS a TOD@S !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario