
Tamén conectamos coa Baixa Limia para falar co noso correspondente XOSÉ LAMELA, que foi o ue nos facilitou a entrevista anterior, e que aproveita para falarnos del e dos actos aos que asistiu esoutro día na cidade de Ourense, que están a celebrar a Feira do Libro.
A terceira conversa é co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón que nos adianta a conversa que teremos que manter co contacto que el mesmo nos facilita: Xacobe, do Grupo PAVÍS-PAVÓS, de Pontevedra.

Conectamos con don JUAN PRIETO, Presidente da Agrupación Cultural Galega AGARIMOS de Badalona, que nos fala da celebración da Festa Galega en Badalona, que realizarán a vindeira semana do 17,18 e 19 de xuño.
A última entrevista-conversa é con don UBALDO, do BAR Restaurante "Los Ancares", na rúa Robrenyo 74-76, de Barcelona que mañá mesmo celebrarán a Festa do Marisco.
A vindeira semana máis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario