Programa atrasado, que non puidemos "colgar" nestas datas por mor de certas obrigas persoais e outros atrancos que me impediron cumplir con todos vosoutros, pero agora ireinos colocando, pouco a pouco, para disfrute de tódolos nosos oíntes e seguidores.
Este primeiro programa atrasado, estivo a cargo de ARMANDO FERNÁNDEZ, que aproveitou un primeiro momento para entrevistar a XAVIER PARADA, do Grupo LEMBRANZAS, de Moaña, con quen mantivo unha pequena conversa para informarnos da traxectoria deste Grupo.
Despois conectou con MERCHI ALVAREZ, en Cambados, que é Presidenta de AME-Galicia e púxonos ao corrente das novidades relacionadas con esa Asociación tan importante e que está levando a cabo unha serie de actuacións moi importantes para os socios e afectados.
Para despedirse informa das próxima celebración da XXXVI FESTA GALEGA de Can Mercader, que se celebrará a vindeira semana e por ese mesmo motivo non teremos emisión, xa que coincide coas FESTA do CORPUS - FESTA MAJOR de Cornellà.
Ningún comentario:
Publicar un comentario