Hoxe temos que disculpar a LAURA Santos e ARMANDO Fernández, que teñen certas obrigas persoais ineludibles e non poden estar presentes nos estudos. De tódolos xeitos tentaremos poñernos en contacto con Armando para que nos faga de correspondente dende Badalona.
A primeira conversa-entrevista é con FERNANDO BARROSO, que ven de publicar un novo CD titulado INTROPÍA, e aproveitamos para ir escoitando, de fondo unha peza deste traballo persoal tan interesante. Felicitámolo polos éxitos que está acadando e desexámoslle que siga colleitando moitos máis.
A seguir conectamos con OLGA ROMAY PEREIRA, Profesora e escritora galega que acaba de publicar un libro moi interesante: LOS HIJOS DEL SENADOR, e aproveitamos para falar con ela e que nos poña en antecedentes sobre ese seu traballo. Agradecémoslle a súa participación.
Conectámonos novamente con Galicia para achegarnos á "Raia Mollada", concretamente a SELA, onde se atopa AGAPITO VALADO, que nos fala da Asociación Cultural EVARISTO DE SELA, e das moitas actividades que realizan nesa Entidade galega. Tamén nos convida a visitar aquela zona na que seguro poderemos disfrutar non só de paisaxes fermosas senón tamén de gastronomía e viño albariño de grande calidade. Agradecémoslle a súa participación no noso programa e comprometémonos a continuar conectando con el en vindeiras ocasións.
Falamos con ARMANDO Fernández, que hoxe fainos de correspondente dende Badalona para informarnos da Festa Galega de AGARIMOS, que están a celebrar con moita afluencia de público.
Aínda que non podemos conectar coa Baixa Limia para falar co noso correspondente Xosé Lamela, sí que nos poñemos en contacto con JORDI RODRÍGUEZ, responsable do GES de Lobios, que nos informa das diferentes actuacións tan importantes que realizaron días atrás na "Corga da Fecha", chea de risco e delicada actuación deses expertos do Grupo Especial. Agradecémoslle a súa aportación no programa de hoxe.
Para finalizar notificamos algunhas informacións que chegan á nosa Redacción e comentamos, un pouco "polo miúdo", un tema moi interesante relacionado coa "percusión e pandereteiros galegos", e escoitamos tamén algunha peza musical relacionada co tema.
Agardamos que volvan a sintonizarnos a vindiera semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario