sábado, 8 de febreiro de 2025

SÁBADO 8 de FEBREIRO do 2025

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao primeiro colaborador, dende a Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que nos fai unha crónica sucinta de novidades e informacións, resumidas e escollidas, para sabermos algo máis daquelas terras galegas. Felicitámolo polo traballo compartido con Fina Paulos Lareo, o libro recentemente publicado: "A Intelixencia Artificial para a Sociedade", que están a presentar por diversos Institutos e cidades. Agradecémoslle a súa estimada colaboración semanal e desexamos que sigan colleitando éxitos con ese libro que vai a ter unha segunda edición, se seguen así de solicitados. Esta emisión radiofónica, lémbanos, será re-emitida mañá domingo en Radio Roncudo, a partir das 10 da mañá. Pódense ampliar as informacións via Internet visitando a páxina que eles manteñen: quepasanacosta.gal.


A segunda intervención é do noso incansable correspondente-reporteiro XOAN ARCO DA VELLA, que nos prometera a semana pasada, falar dun Entroido moi particular e moi antigo, recentemente recuperado. Trátase dos "Farrumecos" de Sobradelo en Xunqueira de Ambía (Ourense). Un percorrido informativo moi interesante, ligado ás coplas e "brindis" que eses farrumecos lles adican aos veciños para resaltar algunha que outra descrición poética que inclúe unha certa retranca e descuberta dalgunha situación especial acontecida durante o ano anterior. En vindeiras datas continuará, segundo nos dixo, coa aportación singular do Entroido na provincia de Pontevedra. Estaremos atentos.


Escoitamos unha peza musical e namentras damos a coñecer unha última hora relacionada co "XXI Festival del Botillo-2025", organizado por ASOBECAT (Asociación de Bercianos en Cataluña), anunciando a Conferencia-Presentación, o día 16 de febreiro a partir das 11h, no Hotel Front Air Congress de Sant Boi,  do libro publicado por don Miguel Angel Revilla: "Porqué pasa lo que pasa". Aínda que a recepción dos asistentes farase a partir dasa 12h coa presencia da Banda de Gaitas da Federación de Entidades Galegas (FEGALCAT). Os interesados poderán asistir á presentación que ofrecerá o autor, e adquirir o seu libro para que lle-lo asine o propio autor.


Continuamos o programa poñéndonos en contacto con RUBÉN DE LLANOS, da Asociación Cultural Galega "AGARIMOS" de Badalona, para que nos informe dalgúns actos que teñen previsto realizar. Próximamente a celebración do "Entroido na Rúa de Badalona"; están a confeccionar os traxes e disfraces para a ocasión. Tamén a "Festa de AGARIMOS" prevista para o día 17 de maio na praza de Trafalgar de Badalona, pertiño do local social da Entidade. Agradecémoslle a súa notificación e desexaos que teñan moito éxito.


A seguinte convidada é ANDREA LÓPEZ, compoñente do Grupo Musical LERIA, que veñen de actuar onte mesmo, xunto coa Banda da Loba, no Playa Club da Coruña. Foi a celebración da "Festa dos Medios en Galego" organizada por AMEGA, e que tivo un grande éxito de participación. Fainos unha pequena descrición da traxectoria deste Grupo musical Indi galego, que está a ter unha boa acollida. Xa teñen publicado varias pezas e a máis recente titúlase: Luces de Neón. Pronto nos facilitarán máis novedades musicais. Desexamos que teñan moito éxito.


Despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores desexando que teñan unha feliz semana.


Damos a coñecer a realización dunha simpática e curiosa Festa: "A Procesión dos Lacóns de Valga", que se celebrou o pasado día 2 de febreiro na parroquia de Cordeiro. Unha tradición que se mantén dende o século XIX, cando unha epidemia que afectou ao gando levou aos veciños a implorar a intercesión divina. Foron algo máis de dúas horas de percorrido as que tardaron en completalo, sete paradas nos lugares de Vilar, Vilarello, Moldes, As Eiras, Outeiro, Ferreirós e Beiro.
 

Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 22 de FEBREIRO do 2025

Unha nova emisión deste programiño que pretende ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego, con entrevistas, novidades, informacións e música...