sábado, 15 de febreiro de 2025

SÁBADO 15 de FEBREIRO do 2025

Comezamos unha nova emisión do programa coa nosa sintonía de sempre, as salutacións oportunas e disculpando a presencia do noso compañeiro Armando Fernández López, que hoxe non pode estar presente, por mor dunha posible indisposición de saúde, e que nosoutros lle desexamos unha pronta recuperación. Coma sempre estamos emitindo en directo pola Internet, e tamén polo Facebook, grazas ao traballo do noso técnico Kiko Belinchón. Poñemos un bocadiño de música que nos servirá para poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte OSCAR M. REY CALO, que nos fai coñecedor das noticias que el mesmo escolle para sabermos dos aconteceres daquelas terras galegas. Tamén nos lembra que se poden ampliar consultando a páxina quepasanacosta.gal, como nos indica cada semana, o mesmo que nos lembra a re-emisión deste programa mañá, domingo, a partir das dez da mañá en Radio Roncudo. Agradecémoslle a súa colaborción e desexamos que teña unha feliz semana.


Despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto con NOA LÓPEZ e co Tenente Alcalde de Taboada, don XOSÉ PORTELA GÓMEZ-MACÍAS, cos que mantemos unha entrevista-conversa moi interesante, para darnos a coñecer e convidarnos a asistir o día 2 de marzo á "33 FESTA DO CALDO DE OSOS" dese Concello. Coméntanos que esa festa gastronómica será algo máis que degustación, que terá moita cultura e diversidade, acompañada de música e de outras moitas actividades que se desenvolverán nese Domingo de Entroido. Agradecémoslles a súa participación e cumprida información no programa de hoxe e desexámoslles que teñan moito éxito.

Seguimos a emisión e poñémonos en contacto con don CARLOS HENRIQUE FERNÁNDEZ COTO, Arquitecto, Presidente de APATRIGAL (Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego). Felicitámolo polo traballo que están a desenvolver e tamén pola recente entrega dunha escultura como Asociados de HONRA a dúas personalidades galegas moi recoñecidas: CARLOS NÚÑEZ e o investigador, escritor e ecoloxista don ESTANISLAO FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA. Veñen desenvolvendo ese traballo dende o ano dous mil dazaseis, que se constituíron como Asociación, asesorando a moitos colectivos e tamén a persoas que solicitan a súa intervención. Os interesados poden poñerse en contacto directamente mediante o correo apatrigal@gmail.com. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que teñan moito éxito.

Poñémonos en contacto con NOEMÍ LÓPEZ VÁZQUEZ, unha ilustradora Luguesa que nos deu a coñecer Antonio Reigosa, posto que foi ela a que lle puxo imaxes a páxina "GALICIA ENCANTADA" que leva adiante dende fai 20 anos. Felicitámola por ese traballo tan engaiolante que enche de "encanto" (nunca mellor dito) esa fermosa información Histórica e Cultural da Galicia Encantada. Tamén nos informa doutras ilustracións que fixo, en libros diversos, de cartaces cheos de "comunicación pictórica" e coméntanos que segue traballando nesa súa interesante e fermosa creatividade ilustrativa. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe no noso programa e augurámoslle moitos éxitos.

Intervén a nosa recente incorporación ao equipo de Semprengalicia, MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, da Asociación C.G.Rosalía de Castro de Cornellá, que nos volve a lembrar a próxima celebración do Entroido para a fin de semana do mes de marzo, participando os compoñentes da banda e moitos socios na "Rua do Entroido da Vila" con música e disfrazados moi concretamente para ese evento. Tamén a festa gastronómica do "Cocido Galego" na Entidade, que teñen que anotarse para poder reservar. Outra cousa máis será a Conferencia que Carla (das Pandereteiras de Verducido) será a encargada de impartir a Conferencia do "Día da Dona" co título "A Muller na Música e na Vida". Agradecémoslle a súa participación.

Xoan e o Muiño de Vento
Continuamos e poñémonos en contacto con XOAN ARCO DA VELLA, ese noso correspondente que sempre ten "cousas curiosas" que aportar ao noso programa. Por certo, con motivo da súa intervención no anterior programa no que nos falou do Entroido dos Farrumecos de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía, fainos saber dasa felicitacións que lle enviaron a el personalmente. Vainos a facilitar o contacto e tentaremos falar coa persoa indicada. Comenta varias cousas que xa ten publicado, pero fai unha mención especial aos "Muíños de Vento", que tamén en Galicia tiveron a súa importancia. Aproveita para nos comentar a existencia daqueloutros Muiños moi importantes na Mariña, que teñen o aproveitamento das Mareas para poder facer o seu cometido. Agradecémoslle a súa estimada colaboración.
 

Recibimos a colaboración do Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que coma sempre, nos recibe moi amablemente e felicitámolo pola recente publicación do seu libriño de haikus: "BEIXOS GALLADOS", ilustrado por M.Manxela e editado por Medulia. Fainos o agasallo ao que nos ten acostumados, de ler varios deses haikus da súa autoría.
 

Depedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Escoitamos a colaboración Cultural e noticiosa, do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA. Unha escolla moi interesante que ademais finaliza coa proposta de escoitar unha peciña musical.

Deixamos aquí o programa Compelto-Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 22 de FEBREIRO do 2025

Unha nova emisión deste programiño que pretende ofrecerlles dúas horas de Radio en Galego, con entrevistas, novidades, informacións e música...