Un sábado máis con todos vosoutros. Dúas horas de Radio en Galego, tentando ofrecerlles noticias, novidades, entrevistas e informacións diversas, co ánimo de que sexa do voso agrado. Iremos adubiando as nosas intervencións con música. Nesta ocasión será dunha Gaiteira de altura, coa que tentaremos conectar e facerlle unha pequena entrevista. Despois da nosa sintonía, as salutacións e ben.vinda a tódo-los nosos oíntes e seguidores, disculpando ao noso compañeiro Armando Fernández, que se atopa recuperándose, escoitamos un bocadiño de música e aproveitamos para conectar co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que nos envía a súa crónica.
A segunda convidada é a Gaiteira, Pianista e Zanfonista
MARIA LÓPEZ CARBALLO, da que vimos escoitanda varias interpretacións musicais súas. Dámoslle a ben-vinda e felicitámola porque acaba de publicar un single "Adagio de Albinoni", que formará parte dun seu CD que ten previsto estrear o día dos enamorados, o 14 de febreiro próximo. Con 14 anos gañou o considerado "Oscar da GAITA": O Trofeo Mac Crimmon no Festival Intercéltico de Lorient, converténdose, non só na máis xoven, senón tamén a primeira muller. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslle que siga acadando moitos éxitos.
Continuamos a emisión e poñémonos en contacto con
PABLO GARCÍA-CHICHAS, Presidente de
AMEGA, que ven de presentar a próxima celebración, o día 7 de febreiro concretamente, da "Día dos Medios en Galego". Fálanos deste evento que se realizará na Coruña, e no terán as actuacións dos Grupos musicais: A Banda da Loba e Leria. A Asociación de Emisoras Municipais Galegas que preside, está a traballar para acadar o máximo espallamento do noso idioma nos medios de comunicación. Felicitámolo por ese traballo que están a realizar e desexámolle que teña moito éxito.
Conectamos agora con HECTOR KEUDELL, de FM Bierzo, que nos acompañou na Rolda de Prensa na que se presentou o "XXI Festival del Botillo de ASOBECAT-2025". Pedímoslle que nos comente a súa experiencia nese día e coméntanos que está moi agradecido pola grande acollida que tivo por parte da Xunta Directiva da Asociación de Bercianos en Cataluña, aos que lle desexa moitos éxitos nese grande evento que reunirá a moitos Bercianos e simpatizantes. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe.
Tamén falamos co Presidente de ASOBECAT,
JUAN PEDRO SÁNCHEZ GARCÍA, que nos volve a informar dese grande acontecemento que se celebrará o día 16 de febreiro a partir das 12h do mediodía no Hotel Front Air Congres, de Sant Boi. No cartel informativo compróbanse os diferentes aspectos en que consiste este Festival, que comezará coa recepción dos asistentes con música da Banda de Gaiteiros de Fegalcat, un pica-pica entremés-vermut con produtos do Bierzo, o xantar do "Rei don Botillo", servido con cachelos, verdura e chourizo, o postre especial (doce de castañas), café e chupitos. Reparto de produtos e agasallos nun sorteo e proclamación de "Bercianos Ilustres 2025": dona Aurora Rodríguez e dona Silvia Nogaledo, título póstumo, xunto co Premio Literario: don Miguel Angel Revilla; Homenaxe aos pobos do Bierzo: o Concello de Camponaraya e a Adega que regará os produtos servidos: Adega Cuatro Pasos. Agradecémoslle a súa participación.
Dámoslle a ben-vinda a
MIRIAM RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, membro da Xunta Directiva da nosa
A.C.G.Rosalía de Castro, incorporada tamén como parte do noso equipo radiofónico, que ven a informarnos moi específicamente das novidades e actividades propostas pola Asociación para vindeiras datas. Todas elas moi interesantes e seguro que terán unha grande acollida dos nosos socios: Posta en marcha dunhas clases de pilates; Inauguración do local cunha "Festa de pixamas" para nenos; Participación do Entroido da vila cun pasa-rúas da banda de gaitas e disfraces moi característicos; Celebración do "Día da Dona" o 29 de marzo cunha Conferencia a cargo de Clara, do Grupo "Pandereteiras de Verducido", sobre a muller e a música; Na Primavera unha "Pulpada" e un "Serán" coa participación doutras Entidades; Previsión dunha Excursión para a segunda semana de maio a Girona con motivo do "Temps de Flors en Girona"; e a Grande "Festa Galega en Can Mercader" que coincide coa Festa Major de Cornellà a fin de semana do 20 ao 22 de xuño e que promete ser unha celebración inesquecible xa que a "Noite Celta" terá a participación estelar dun grande da nosa música galega. ¡Grazas Miriam!
Seguimos e conectamos novamente con Galicia para recibir ao noso fotógrafo explrador de recunchos interesantes e recónditos da nosa autonomía, XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos dos "Chozos" da Serra do Suído, e tamén dun grande descubrimento: "Terras do Alén". Moitas Grazas pola túa amable colaboración Xoan! Aprovietamos para despedirnos dos nosos oíntes porque a continuación escoitaremos a colaboración de Xulio Simón. Moitas grazas por todo Xoan.
A crónica do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RÚA, sempre é moi interesante. Fálanos de varias cuestións culturais e como estamos no Ano de Castelao tamén inclúe unha aportación moi elocuente relacionada co noso guiero galeguista e finaliza propoñéndonos escoitar a Fausto.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario