sábado, 14 de xuño de 2025

SÁBADO 14 de XUÑO do 2025

Comezamos unha semana máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: TONO CORREA CORREDOIRA, un grande artista pintor contemporáneo de grande prestixio, que ven de recibir unha homenaxe, na cidade de A Coruña, moi merecida por certo. Parabenizámolo e conversamos con el. É unha honra poder ofrecervos a súa participación, que se converte nunha pequena leción de humanidade e amor polas boas cousas. Fáisenos cativa a súa aportación filosófica e de pensamento creativo. Agradecémoslle a súa aportación e desexámos que siga colleitando moitos éxitos.

A seguinte intervención é con ANIBAL BLANCO, da Adega Tapias de Mariñán, da D.O. Monterrei. Parabenizámolo porque acaban de concederlle, aos seus viños tres Premios de grande prestixio: No Mundus Vini, o Godello Quinta das Tapias, recibiu o Ouro; no Concurso de Viños do Real Casino de Madrid, obtivo o Ouro o seu viño Treixadura e a Unión Española de Catadores entregáronlle o Baco de Ouro polo seu Godello. Fálanos do traballo e do equipo que dirixe, do que se sinte moi orgulloso, do esforzo e dedicación desa empresa vitivinícola que tamén apoia a cultura galega e a enoloxía. Agradecémoslle que nos atendera tan amablemente e desexamos que siga colleitando moitos máis éxitos.

Recibimos agora a crónica do noso correspondente, viaxeiro e reporteiro gráfico: XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten preparada algunha sorpresa e recomendación para visitar e descubrir algún entorno galego con encanto. Nesta ocasión lévanos ata Marce, na Ribeira Sacra, para que visitemos unha das fervenzas máis altas de Galicia: A "Fervenza da Augacaída", un lugar feiticeiro e de moi fácil acceso, que se atopa no lugar antes mencionado, no Castro de Marce. Agradecémoslle a súa aportación semanal, que seguro é de interese para todos.
 

Falamos co Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS, que sempre ten unha intervención moi interesante. Agasállanos coa lectura declamada, de dous dos seus peomiñas, que lle agradecemos moito. Podemos confirmar que os nosos escoitantes e seguidores sempre nos envían os seus "me ghustan" en tódalas ocasións nas que recibimos e escoitamos as súas lecturas. Nosoutros setímonos moi honrados pola dedicación que nos dispensa e desexamos que siga coa súa creatividade tan feiticeira.

Escoitamos agora entrevista-conversa que mantivemos coa Presidenta do Centro Galego de Barcelona: PILAR ANSEDE. Fálanos das diferentes actividade que tiveron lugar en días anteriores, como foi, a celebración do día de Sant Jordi, cun stand de libros galegos acompañados de sendos escritores, o grande éxito do "Día das Letras Galegas" cunha actuación extraordinaria das Pandereteiras e do Coral do Centro, e adiántanos algunhas das propostas de celebración en vindeiras datas, ata as que se celebrarán en Galicia. Agradecémoslle a súa amable atención e desexámoslles que teñan moita afluencia de asistentes e que se enchan de éxitos.
 

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 14 de XUÑO do 2025

Comezamos unha semana máis, coa nosa sintonía, as salutacións oportunas e un bocadiño de música para recibir ao primeiro convidado de hoxe: ...