Comezamos un sábado máis coa nosa sintonía e as salutacións precisas para darlles a ben.vinda a tódolos nosos escoitantes e simpatizantes. Disculpamos ao noso compañeiro Armando Fernández, que hoxe non se atopa con nosoutros por mor dunha pequena indisposición. Desexamos que pronto se recupere. Despois de escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos ofrece un resumo das principais noticias daquela contorna, e volve a lembrar que se poden ampliar esas novas entrando na páxina quepasanacosa.gal, e que mañá domingo, escoitarase novamente este programa a partir das dez da mañá, en Radio Roncudo. Dende Radio Fene tamén poderán escoitalo a partir do vindeiro luns. Agradecémoslle a súa colaboración.

Despois de escoitar outro bocadiño de música poñémonos en contacto con
NOEMÍ, da "Arca da Noe", en Vilar de Barrio. Infórmanos dalgunhas das actividades e concertos que teñen previsto ofrecer nese espazo emblemático de mostra galega de cultura. A "Arca da NOE"
é uma taberna chea de convívio, tal como se pode contemplar na súa páxina. A súa definición concretamente é: Un espaço de encontro, conversas e surpresas. Uma sala de concertos misturada con wokshops e vivéncias que só vas encontrar cá. Um lugar para se perder na paisagem e degustar gastronomía galega de calidade. Felicitámola polo seu 12 Aniversario, que celebrarán o próximo día un de agosto e desexámoslle moitos éxitos.
Recibimos a
MANUEL VÁZQUEZ, Presidente do
Centro Galego NÓS, de Sabadell, que nos informa da celebración da Festa Galega que están a disfrutar no Eix Macià de Sabadell dende onte día 12 ata o domingo día 14. Teñen a posibilidade de disfrutar da festa con música da Orquestra KLAN, e dos gaiteiros do Centro Galego, pero tamén poden degustar os produtos galegos que alí mesmo se serven. Desexamos que teñan moito éxito.
Escoitamos a colaboración do noso correspondente XULIO SIMÓN, que corresponde ao día 6 de xuño, que tivemos festa e non se puido emitir. Así pois ofrecémoslles a súa escoita que finaliza cunha peza musical escollida por Xulio.
A continuación damos lectura dunha publicación feita polo noso correspondente viaxeiro e documentalista
XOAN ARCO DA VELLA, que fai referencia ás Ruinas da Salazón de Alada, O Hío, Cangas e a Ría de Aldán. Un percorrido moi interesante, con lugares fermosos para fotografar e visitar, como é o propio Cruceiro de Hío, localizado diante do adro da Igrexa románica de Santo André de Hío. Esta obra é do canteiro de Augasantas (Cerdedo-Cotobade) Xosé Cerviño. Un conxunto artístico-relixioso de grande relevancia e moi visitado. Paga a pena achegarse.
Despedímonos do programa ata o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos o audio da crónica do noso correspondente XULIO SIMÓN, dende Combarro, que sempre nos informa de noticias e novas daquela zona das Rías Baixas. Agradecémoslle a súa colaborción.
Aquí poden escoitar o programa Completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario