sábado, 20 de xuño de 2026

SÁBADO 20 de XUÑO do 2026

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Tampouco hoxe non podemos contar coa presencia do noso compañeiro Armando Fernández, que se está recuperando dun pequeno malestar de saúde. Desexamos que pronto se recupere e enviámoslle moitos ánimos. A primeira comunicación e contacto é co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY, que nos ofrece a súa crónica, algo reducida, do que acontece por aqueles lugares. Agradecémoslle a súa aportación. Lémbranos que este programa re-emítese en Radio Roncudo mañá domingo a partir das dez da mañá. Os interesados poden ampliar as noticiasa que el nos comunica mediante a páxina quepasanacosta.gal. Nosoutros indicamos que tamén se pode escoitar este programa en Radio Fene, o luns, como cada semana. Desexámoslle que teña unha feliz semana.

A segunda comunicación é con PEPE FORMOSO, do Hotel Literario Bela Fisterra e do Albergue Bela Muxía. O motivo da conexión é para darlle os nosos parabens, por ter acadado un Premio polo "podcast" titulado. "Falar sen Cancelas". Aproveitamos a ocasión para preguntarlle por outros acontecementos que se celebrarán próximamente en Fisterra, e dos que nos facemos eco: O Fisterra Experiencie, para os días 26, 27 e 28 de xuño próximos. E outro acontecemento que se realizará no Hotel Bela Fisterra, relacionado coa degustación dos "100 Mellores viños de Galicia", previsto para o 18 de xullo próximo. Agradecemos a información detallada e desexamos que teñan moito éxito.

Conectamos novamente con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente viaxeiro, reporteiro gráfico e contador de novidades moi interesantes, XOAN ARCO DA VELLA. Nesta ocasión achéganos para coñecer "Gaxate", no Concello de A Lama. Ten edificacións moi ostentosas, palacetes e casas de indianos que paga a pena visitar. Destaca un palacete totalmente restaurado e que está reconvertido en hotel: "Hotel-Boutique 1888". Coméntanos que tratará de falar co seu dono para que poidamos entrevistalo e que nos fale dese establecmento tan peculiar. Aproveitamos para enviarlle os nosos mellores desexos, por adiantado, para que celebre o día do SAN Xoan. Recórdanos que temos que facer o ritual das herbas na víspera do 24 pola noite, para escorrentar o meigallo e outras doenzas. ¡Moitas Grazas, Xoan!

Casa das Chocas
Falamos coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, concretamente dende Becerreá, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que ten preparada unha crónica interesante. Primeiro coméntanos o evento que realizaou no "Parque do Alargo" en Navia de Suarna. Despois anúncianos a próxima inauguración da "Casa das Chocas", en Cervantes. Esta inauguración é unha proposta da Asociación gandeira "A Carqueixa". Tamén inaugurarán a taberna e unha piscina para lecer de tódolos clientes. Agradecémoslle a súa aportación.

Anunciamos a celebración da "Verbena de San Xoan", organizada pola nosa Asociación C.G.Rosalía de Castro, prevista para o día 23, diante da Entidade. Deberán anotarse no Restaurante da Asociación. Tamén comentamos a celebración que están a realizar no Centro Galego de Barcelona, a cargo de Alberte Montes e Silvio Falcón, co seu podcast de despedida de tempada "Bueno Carallo Bueno". Humor, entrevistas e outras historias entre eses dous protagonistas. Unha mestura curiosa de humor en galego. E despedimos o programa ata o vindeiro sábado que o emitiremos dende a Asociación C.G.Rosalía de Castro.

Ofrecémoslles unha pequena recensión de don Ramón Otero Pedrayo, con motivo da celebración do Ano Oteriano. Lectura de varios pasaxes da vida e obra de don Ramón Otero Pedrayo, mesturada con algunha peciña musical, para adubiar un chisco as informacións.

 

Deixamos quí o programa Completo - Enteiro.

Ningún comentario:

SÁBADO 20 de XUÑO do 2026

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Tampouco hoxe non podemos contar coa presencia do noso compañeiro Arman...