sábado, 14 de marzo de 2026

SÁBADO 14 de MARZO do 2026

Comezamos outro sábado máis coa nosa sintonía musical de sempre, as nosas salutacións, disculpando a ausencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que non pode acompañarnos hoxe. Ofrecémoslles unha primeira peza musical que pertence ao Disco PORTALÉN, do Grupo Musical TREIXADURA, que hoxe mesmo presentarán nun concerto que ofrecerán no Teatro AFundación de Vigo. É para nosotros unha primicia que compartimos con todos vosoutros, e sérvenos para recibir ao noso correspondente OSCAR REY, que nos fai chegar a súa colaboración semanal, en forma de crónica informativa dos aconteceres na Costa da Morte. Repetimos, coma sempre que se poden ampliar esas súas noticias na páxina quepasanacosta.gal e que mañá, domingo, emitirase este programa en Radio Roncudo a partir das dez da mañá. Tamén se pode escoitar en Radio Fene o luns. Moitas Grazas, Oscar!!!

Continuamos escoitando máis música de Treixadura e, poñemonos en contacto co noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión fálanos da súa visita ao Carboeiro, en Silleda. Concretamente nos fala do Mosteiro de San Lourenzo do Carboeiro, da espledorosa construción benedictina e cóntanos a lenda que escoitou relacionada coa "Ponte do Demo" que se atopa un bocadiño máis abaixo, camiño do río Deza.  Sempre é un pracer escoitar a súa aportación.

Despois doutra peciña musical, falamos con CARMEN ALBA SILES, Directora de Almatea Cultura, dende o ano 2003. Comezamos falando da Ruta Quintá-Río Donsal PR G 159, que percorreu en inverno e en verán, contemplando unha paisaxe de natureza exhuberante. Fai unha referencia especial dirixida á mai de Antonio Álvarez, Serafina González... Agradecémoslle a súa amable atención e, nos poucos minutos de conversa que mantivemos con ela, descubrimos unha persoa moi implicada na atención ás persoas. Quedamos en continuar a entrevista con máis tempo e máis contido en vindeiras emisións.
 

Anunciamos a colaboración do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN, e propoñemos que escoiten as dez pezas musicais portuguesas que se poden votar na páxina de aRi(T)mar.gal Galiza e Portugal. E despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora.

Colaboración de XULIO SIMÓN RÚA, dende Cobarro.

Proposta para escoitar as dez pezas musicais elexidas para poder votar na páxina de aRi(T)mar.gal de Galiza e Portugal, que teñen de tempo ata o próximo día 27 de marzo. A semana pasada ofrecímoslles as dez pezas musicais galegas. Tamén se pode votar pola poesía Galega ou Portuguesa. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa Completo - Enteiro. 

Ningún comentario:

SÁBADO 14 de MARZO do 2026

Comezamos outro sábado máis coa nosa sintonía musical de sempre, as nosas salutacións, disculpando a ausencia do noso compañeiro ARMANDO FER...