Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música. Hoxe, último programa do mes de marzo, antes da Semana Santa, disculpamos a presencia do noso compañeiro ARMANDO FERNÁNDEZ, que está un pouco indisposto, e desexámoslle que pronto se recupere. Grazas a Kiko Belinchón, o noso técnico, encargado de que esto saia adiante con ben. Escoitamos un bocadiño de música e poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY. A súa crónica semanal danos a coñecer algunhas noticias interesantes daquela contorna, e que se poden ampliar na páxina quepasanacosta.gal. Xa saben os nosos seguidores que este programa voltará a escoitarse en Radio Roncudo o domingo a partir das dez da mañá e tamén se re-emitirá en Radio Fene o luns próximo. Agradecemos a colaboración do noso correspondente Oscar e desexamos que teñan unha Feliz Semana Santa.

A seguinte comunicación é con
ANXO BARANGA, da
ACGB (Asemblea Cultural Galega Barcelona), que nos fala da celebración do "Proxecto Casos e Cousas" (empregando o "Cata-Galego")que se está a desenvolver dende fai anos, e que xa ten concertada as súas intervencións en diversas Bibliotecas e Centros Galegos de Cataluña, como pode ser o Centro Galego de Barcelona para o vindeiro 18 de abril, o domingo 19 de abril na Violeta (Gracia), o 21 de abril, martes, na Biblioteca Merçé Rodoreda (Horta Guinardó)... etcétera. Poden informarse máis detidamente na páxina da ACGB. Agradecémoslle a súa información e desexámoslle que teña moito éxito.

Conectamos con Galicia para recibir ao noso correspondente viaxeiro e reporteiro gráfico
XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha proposta interesante para visitar, acompañada dunha descrición interesante, por veces pouco coñecida e que paga a pena achegarse a coñecela. Nesta ocasión fálanos da súa viaxe a Valga, unha poboación pertiño de Padrón. Recomenda achegarse á fervenza da Palafita e desprazarse á poboación de Martores, onde din que se atopa o sartego de Prisciliano. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexamos que teña unhas Felices Pascuas.
Informamos dos próximos eventos que ten previsto realizar a nosa Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro e, despedimos o programa anunciando as seguintes intervencións: o noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón e a entrevista a BIEITO ROMERO, do Grupo de Música Folk LUAR NA LUBRE.
Aquí deixamos a colaboración de XULIO SIMÓN.
A continuación temos a gravación da entrevista a
BIEITO ROMERO, do Grupo de Música Folk
LUAR NA LUBRE, que virá a Barcelona o día 11 de abril, para ofrecer un Concerto e tocar algunhas das próximas pezas que se publicarán no Libro-CD previsto para o mes de maio.
Deixamos aquí o programa completo - Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario