sábado, 18 de maio de 2024

SÁBADO 18 de MAIO do 2024

Outro sábado máis con todos vosoutros, tentando levar adiante este programiño de dúas horas en galego. Escoitamos a sintonía do programa, saudamos a tódolos nosos oíntes e seguidores e ofrecémoslle unha peciña musical para poñernos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR MANUEL REY CALO, que sempre ten preparada unha crónica informativa moi ben elaborada, aínda que resumida, sobre aquela contorna. Tódolos nosos oíntes e seguidores poden ampliar esa comunicación visitando a páxina quepasanacosta.gal, onde atoparán abondosa información e novidades. Lémbranos que este programa reemítese mañá a partir das dez da mañá en Radio Roncudo e Radio Neria. Unha honra para nosoutros, que moito agradecemos.

A continuación , voltamos a escoitar outro bocadiño de música, neste caso unha peza do CD de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre: "Axúdame a sentir", para poñernos en contacto con XOAN, que xunto co seu equipo están a traballar nunha páxina denominada: "Guía Furanchín" dedicada precisamente aos Furancho galegos. Coméntanos cómo foi o inicio deste traballo tan interesante (recollen, con todo detalle e documentación,  unha boa presa de furanchos ubicados fundamentalmente nas Rías Baixas). Tamén manteñen un blog relacionado con estes singulares establecementos galegos de moito arraigo popular. Agradecémoslle a súa aportación e participación no programa de hoxe.

Voltamos a escoitar outro bocado de música e poñémonos en contacto con BRAIS, que manten unha páxina de documentais e fotografías de Galicia moi interesante: "NO ALLO". Contactamos con el a partir do documental que publicaron adicado á "ViBoMask 2024 - MascaradaIbérica". Parabenizámolo por ese magnífico traballo e propoñémoslle que o presenten ao "Festival de curtas de CANS", en Porriño, que seguro poderían acadar algún Premio. Cóntanos que é unha afición que manteñen etre outras dúas persoas xunto con el, que lles reporta moita satisfacción e con ese traballo pretenteden amosar un bocadiño máis da nosa Galicia, para que quede constancia delo. Desexámoslles moitos éxitos.

Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos comenta cousa relacionadas coa zona, concretamente Becerreá, están a celebrar a recreación e  commemoración histórica desa batalla da Guerra da Independencia, que finalizarán esta noite coa degustación dunha cea contundente abondosa en productos galegos de calidade. Tamén nos comenta a súa participación en sendas competicións deportivas das semanas pasadas e a excursión instructiva, cos alumnso, ao Bierzo, concretamente á localidade de Fabero. visitaron unha reproducción da mina "Pozo Julia", e tamén identifación de fósiles, nun espazo ao carón. Agradecémoslle a participación de hoxe.

Contactamos con LUIS GONÇALVES BLASCO "FOZ", que publicou un libro en Galaxia, co título: "Celso Emilio Ferreiro, Nacionalista Galego". Un traballo con moita documentación e aportación de datos moi interesantes relacionados coa faceta política de Celso Emilio, tanto na Península como en Venezuela. Foi un dos fundadores da Union do Pobo Galego (UPG) e encargouse de publicar, precisamente en Caracas, os documentos fundamentais dese formación política.
 

Falamos con XOAN ARCO DA VELLA, que sempre ten algunha cousa interesante que visitou ou publicou na súa páxina de internet. Coméntanos a publicación dun peto en Porriño e outro en Valença do Minho. Tamén nos fala do foxo do lobo e de diversos métodos de caza moi relacionados con eses foxos. A súa visita a uns petroglifos en Rianxo sorprendeulle moito, aínda que non publicou as fotos que fixo, pero teñen moito que ver coa representación duns cervos cunha cornamenta exhuberante e moi destacada. Agradecémoslle a súa participación.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. 

Deixamos aquí o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 19 de OUTUBRO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións de sempre e unha peciña de música para recibir ao noso primeiro convidado, que é o noso correspo...