Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e un bocadiño de música que pertence ao CD "Aires de Pontevedra" - Oscar Ibáñez e unha boa presa de colaboradores, que é unha homenaxe a Ricardo Portela, para recibir ao noso correspondente OSCAR M. REY CALO, que nos envía a súa crónica dende a "Costa da Morte", e que poden ampliar na súa páxina quepasanacosta.gal. Finaliza coa súa recomendación para que volvan a escoitar este programa de hoxe, na sintonía de Radio Roncudo o próximo día, domingo, a partir das dez da mañá.
 |
| Vivenda Rural XANELA DA LUA-LIRA |
Despedímolo coa música que comezamos a escoitar nun principio e a continuación conectamos novamente con Galicia para poñernos en contacto coa
Sra. Carmen da Vivenda Rural "Xanela da Lúa", en LIRA. Fálanos da súa participación, como cada ano, na celebración do "19 Outono Gastronómico 2025" que fomenta a Xunta de Galicia. Pódese solicitar estancia e disfrute de dous menús caseiros e especiais durante esta tempada que remata a terceira fin de semana de decembro. Teñen uns prezos establecidos moi axeitados e asequibles, establecidos por normativa. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que teña moito éxito.
Conectamos con
Francisco Almuiña, da "Casa do Romualdo", en Vilela, na Ribeira Sacra, que tamén participa nos "Outonos Gastronómicos" ofrecendo uns menús de proximidade e especiais da propia casa. Francisco é unha persoa entrañable e moi servicial que ademais agasalla aos propios clientes coa música da súa zanfona, amenizando a súa estancia. Coméntanos que case ten reservadas tódalas fins de semana ata a finalización da tempada, aínda que sí se pode probar a disfrutar da estancia e xantar ou cear e alugarse na Casa, cuns prezos establecidos moi asequibles e propios desa Vivenda Rural, que rexenta Francisco con moita familiaridade e atención agarimosa. Desexamos que teña moito éxito.
Falamos co noso correspondente viaxeiro, documentalista e reporteiro gráfico, XOAN ARCO DA VELLA, que nos recomenda a visita á parroquia de Asma, en Chantada, para poder contemplar unha curiosa edificación, igrexa ou capela adicada á Virxe de Fátima, que foi mandada construir polo cura galego Emilio Francisco Eyre Lamas. Este imponente templo (inacabado) foi constgruido sobre os restos dun antigo castro medieval fortificado, no alto dunha colina, perto do lugar de nacemento do tal cura, en Centuelle (Chantada). Agradecémoslle a súa participación no programa.

Recibimos a
MANUEL VÁZQUEZ OSORIO, Presidente do
"Centro Galego NÓS" de Sabadell. Felicitámolo pola recente festa do Magosto, que cada ano celebran no Centro e infórmanos da próxima celebración da "Festa do Polbo" prevista para a fin de semana do 28, 29 e 30 de novembro, no Eix Maciá de Sabadell. Celebración anual á que nos convida a todos, para disfrutar dos productos galegos que se ofrecen, pero que o prato principal será o "polbo á feira". Aínda que se preve que poida haber chuvia eses días, non haberá problema, xa que terán unhas carpas para poder acollerse e disfrutrar das viandas, acompañados con música do Grupo de Gaitas da Entidade. Desexamos que teñan moito éxito.
Despedimos o programa desexando que volvan a conectarse o vindeiro sábado á mesma hora, porque a continuación, anuncioamos, temos a colaboración de Xulio Simón.
Crónica do noso correspondente dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RÚA, que sempre nos aporta informacións culturais moi interesantes e despídese coa escolla dunha peza musical moi feiticeira.
Deixamos aquí o programa completo - enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario