A continuación recibimos a colaboración de XOAN ARCO DA VELLA, que nos prometera a semana pasada que nos falaría da súa visita á Festa das Maravillas, en Cartelle. A súa experiencia verase refrexada nas fotos e algún que outro video que compartirá con tódolos seus seguidores, nas Redes sociais e na súa propia páxina "xoanarcodavella.com", que ultimamente está tendo moitas visitas e "me gusta" (ou "likes" como lle acostuman a dicir a xente nova). Coméntanos cómo se realizou esa procesión ata a Cruz (Unha grande escultura de grande tamaño) e posterior misa, acompañados deses ramos adornados con bolas, lazos e bonecas. A vindeira semana prométenos que haberá máis.
Recibimos a crónica da nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que sempre ten algunha noticia relacionada co alumnado e nesta ocasión cunha acontecemento científico de moita relevancia para eles. Tamén nos comenta as fotos, investigación e documentos aportados por Xabier Moure, que teñen moito que ver coa antiga igrexa. Outro acontecemento "A VII Feira da Empanada" que se despedirá, coa actuación do Grupo Abrente.
Continúa a emisión coa participación do noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente dende Combarro, XULIO SIMÓN RUA, que sempre ten unha intervención chea de novidades culturais e moi interesantes.
Deixamos aquí o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario