sábado, 11 de maio de 2024

SÁBADO 11 de MAIO do 2024

Un sábado máis con todos vosoutros. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e despois de escoitar un bocadiño de música conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que está acompañado de FINA PAULOS LAREO. Hoxe temos o provilexio de falar con estes dous especialistas en Intelixencia Artificial, que imparten clases en varios sectores e moi especialmente no Ensino, tanto para cativos como para o Profesorado. Veñen de participar en varios Congresos, onde recibiron algún que outro Premio. Fannos partícipes da súa inquedanza para buscar solucións empregando esas novas tecnoloxías, que se converten en ferramentas moi ben aproveitadas polos alumnos. Agradecémoslle a súa participación no programa de hoxe.

Voltamos a escoitar outro bocadiño de música e poñémonos en contacto con HELENA POUSA ORTEGA, Filóloga, investigadora do léxico e da toponimia, a quen parabenizamos porque acaba de ser nomeada para converterse en Xuíz do Couto Mixto deste ano 2024. A súa grande aportación ten moito que ver coa investigación na "Raia do Baixo Miño" moi en concreto sobre unha Tese na que está a traballar, relacionada co idioma "Goianés" e a recuperación toponímica da zona. Desexamos que teña moito éxito na súa tarefa e voltaremos a comunicarnos con ela cando estea a punto de facer público esa Tese.

A continuación falamos con ROSALÍA MORLÁN, poeta galega que virá a Barcelona, concretamente á A.C.G.Saudade, para participar na Conferencia das Letras Galegas 2024, xunto con Armando Requeixo, prevista para o día 25 de maio vindeiro. Parabenizámola pola publicación e presentación do seu último poemario titulado: "Cando o avó esqueceu o meu nome". Falounos del, desa vivencia persoal pola que se inspirou a realizar ese poemario, basado na traxectoria familiar, concretamente do seu pai. Teremos a sorte de disfrutar da súa presencia nesa Conferencia prevista e desexamos que colleiten moitos éxitos.

Conectamos novamente con Galicia para falar con DOMINGO GONZÁLEZ LORENZO, "Chef" do Restaurante no Hotel Balneario Lobios-Caldaria. Fálanos da "X Festa da Caza do Xurés" prevista para os días 31 de maio,1 e 2 de xuño próximos. Desenvolverase nas localidades de Lindoso-Portugal e Riocaldo-Lobios. Realizaranse diversas actividades, aminizarase con música diversa, haberá un Showcooking viaxe gastronómico impartido polos chefs locais: Domingo Glz.Lorenzo, Cristian Salgado Feijoo, Francisco Silva González e Oscar Paz Alonso, ademais de exposicións e Conferencias, finalizando coa degustación dun xantar de convivio no Restaurante do Hotel Balneario. Desexamos que teñan moito éxito.

Falamos con Antonio, Presidente da Irmandade Galega O Noso Lar de Terrassa, que nos informa da "42 Festa Galega", que están a celebrar dende onte, venres, e que se amplía durante este sábado e o domingo tamén, con degustación de productos galegos de calidade, intervencións musicais tradicionais e populares. Hoxe mesmo están a actuar o Grupo de Baile a Gaitas de Irmandade Galega de Rubí. Contan coa particpación doutrasa Entidades Culturais e a verbena estará amenizada polo Grpo Titánic (Tributo a SAbina) e a Orquestra Klan. Convida a tódolos oíntes e seguidores que se acheguen á praza Lluís Companys de Terrasa, para disfrutar desta celebración.

Tamén contamos coa estimada colaboración de XOAN ARCO DA VELLA, que dende hai un tempo nos ven facendo partícipes das súas andainas por algúns recunchos de Galicia, cheos de interese patrimonial moi interesantes. A súa participación e colaboración é moi aprezada polos nosos oíntes e seguidores, que nos envían saúdos e felicitacións polas súas aportacións. Continuaremos dándolle paso e conectando con el a vindeira semana.

Despedímonos ate o vindeiro sábado á mesma hora. ¡Que teñan unha feliz semana!

Deixamos aquí o programa enteiro.


Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...