sábado, 4 de maio de 2024

SÁBADO 4 de MAIO do 2024

Comezamos coa nosa sintonía de sempre, as salutacións e benvida a tódolos nosos oíntes e seguidores, propoñéndolles a escoita dunha peza de música para recibir ao primeiro convidado da tarde, Manu - CATAQUI, do Grupo Musical "DE NINGHURES", a quen parabenizamos por teren recibio un premio no "", como mellor música do 2023, coa peza "Morena", que estabamos a escoitar. Coméntanos as diferentes actuacións que posiblemente xa teñen previsto para este verán. Sabemos que foron seleccionados para os "Premios Martin Codax"... Comentámoslle que poderían enviarlles a proposta de actuación ao "Tradicionaarius" de Gracia, e tamén ao Festival de Terrasa. Desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.


A segunda intervención é a de dona STELLA MARIS GONZÁLEZ BALBUENA. Felicitámola por ter donado a documentación do seu pai, de don "Evaristo de SELA", á Fundación PENZOL. Evaristo de Sela foi un grande estudioso do grego, traductor e poeta con moita producción literaria, que a partir dagora poderase consultar na Penzol. Tamén nos fala da súa propia creación literaria, centrada concretamente na poesía. Coméntanos algunha cousa sobrea a autoedición de varias obras publicadas e moi concretamente "Prosas Rotas", na Editorial Elvira. Agradecésmoslle a súa información e colaboración.

Recibimos a o noso admirado amigo XOSÉ GONZÁLEZ MARTÍNEZ,  Presidente do Foro Peinador, Galeguista,  Secretario da "Asociación Amigos do Couto Mixto", que nos fai unha pormenorizada información sobre a proposta de entrega aos Xuíces Honorarios que se nomearán o día 6 de xullo, na igrexa de Santiago de Rubiás (Couto Mixto). Tamén nos fala dos próximos compoñentes científicos da Academia Científica que tamén coordinan. Agradecémoslle a súa participación e desexamos que colleiten moitos éxitos.

O seguinte convidado é LUIS CRESPO, que dirixe o "XXV FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES de Redondela". Parabenizámolo por ter acadado xa eses vintecinco anos de existencia. Coméntanos a multitude de actuacións que se realizarán dende o día 13 ata o 19 de maio, coa participación de grandes titiriteiros vidos dende Italia, Arxentina, Portugal, Cantabria, Castela e León... unha grande cantidade de persoeiros que durante eses días farán as delicias dos veciños e moi particularmente dos cativos escolares de Redondela e arredores. Desexamos que teñan moitos éxitos.

Recibimos a Crónica semanal do noso correspondente na Rías Baixas,  XULIO SIMÓN RÚA, que sempre ten unha participación cultural moi interesante.

Despedímonos ate o vindeiro sábado.

E deixamos aquí o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 21 de DECEMBRO do 2024

O último programa diste ano 2024. Non puidemos facelo en directo por mor de certas obrigas persoais que tivemos que atender, pero "enla...