domingo, 18 de xuño de 2023

SáBADO 17 de XUÑO do 2023

O último programa desta tempada 2022-2023. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e despois das salutacións oportunas, dámoslle a ben-vida ao noso compañeiro e primeiro Director desta emisión radiofónica, don Manuel Rodríguez Julián, que nos acompañará durante estas dúas horiñas de radio. Escoitamos un bocadiño de música para poñérmonos en contacto coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fai a súa crónica semanal.

Escoitamos outro bocadiño de música, concretamente do Grupo AILÁ, que foi o grande intérprete na "Festa Celta" de inauguración en Can Mercader a semana pasada, e conectamos co noso correspondente na Costa da Morte, OSCAR REY CALO, que nos resume a súa participación desta semana co información precisa relacionada coas novas incorporacións dos elexidos ás Alcaldías dos diferentes Concellos da Costa da Morte. Pódense ampliar estas novidades consultando a súa páxina quepasanacosta.gal

.

A seguinte comunicación é co Poeta da Mariña Luguesa, PACO RIVAS. Mantemos unha pequena conversa relacionada coas eleccións municipais, comentarios con "retranca" e desexámoslle unhas felices vacacións, xa que este é o programa que finaliza a tempada 2022-23.

 

A seguinte conversa é con MANUEL FOTEIRO-FONSAGRADA, unha intervención chea de informacións diversas e moi interesantes. Coméntanos unha serie de acontecementos que se celebran na Fonsagrada, A Foliada con moitos participantes, a toma de posesión do novo Alcalde e unha moi importante, que el mesmo axudou a celebrar: A concentración de Carroceteiros, oficio que vai camiño de desaparecer, aínda que quedan moitos usuarios e persoas que teñen en grande estima esa "ferramenta" de traballo tan interesante que tanto axudou ao progreso e avances agrícolas no seu momento...

 

E finalizamos coa intervención do noso correspondente nas Rías Baixas, XULIO SIMÓN RUA, que corresponde á que nos envióu a semana pasada, pero como era Festa Major en Cornellà non puidemos emitila.

 

Desexámoslles que teñan unhas FELICES VACACIÓNS, e que volvan a sintonizarnos na seguinte tempada 2023-24, a partir do mes de outubro.

Colocamos aquí o programa completo.

Ningún comentario:

SÁBADO 11 de XANEIRO do 2025

Primeiro programa do ano. Comezamos coa nosa sintonía, as salutacións e música de JAVI MANEIRO , a quen saudamos e felicitamos o novo ano e...