Unha nova emisión deste nosos programiño de dúas horas en galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre e escoitamos un bocadiño de música para recibirmos ao primeiro convidado: XACOBE, do PAVÍS-PAVÓS, que nos vai falar do "SETE FALARES" que están a realizar en Pontevedra e que representa unha das máis importantes celebracións culturais relacionadas cos Conta-Contos. Fálanos da participación de moitos e grandes colaboradores, tanto de Galicia como da península e doutras nacionalidades, por algo este é un espectáculo Internacional. Agradecémoslle a súa participación de hoxe e desexámoslle moitos éxitos.
Continuamos con máis música e conectamos novamente con Galicia para falarmos con
ELADIO PIÑEIRO, un Adegueiro que nos fala da súa adega que leva o seu propio nome. Dos viños que se poden considerar "de autor" porque teñen un selo especial e unha elaboración chea de engado e "cariño", como el mesmo nos indica. Viños albariños que rezuman antiguidade e traballo semellante ao dos nosos ancestros. A semana próxima, concretamente o martes día 6, estará a celebrar no
"Playa de Camariñas": CEA-ARMONIA con Eladio Piñeiro. Un menú en seis tempos que degustarán acompañados por 6 viños das súas colleitas. A súa conversa é unha leción de aprendizaxe relacionada co viño e moi concretamente co alvariño que el coida e segue a investigar cada día máis para ofrecer uns caldos de grande calidade. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos na súa andaina, e agradecémoslle a súa amable atención.
Falamos, a seguir, con
ABEL BARANDELA, artista pintor con viño, que está a presentar unha exposición moi especial precisamente en Ribadumia, convidado pola súa arte e ademais por ser Valedor da "Festa do Viño do Salnés". Nun espazo moi axeitado que prepararon dende o Concello fai a súa exposición pictórica especializada e moi admirada, con viño tinto do Salnés. Desexámoslle moita sorte.
Falamos con Sandra, encargada de Comunicación do Concello de Ribadumia, e poñémonos en conatacto con don
DAVID J. CASTRO, Ilmo. Alcalde de Ribadumia, que nos fala da
"50 Festa do Viño do Salnés e exaltación das variedades autóctonas". Parabenizámolo por ter acadado maioría nas recentes eleccións e tamén pola celebración destes 50 anos de Festa. Fálanos da grande cantidade de viños presentados nesta ocasión. A entrevista é moi cativa, por mor do tempo que tiñamos previsto. Disculpámonos pola brevidade, pero prometémonos voltar a falar con el para que os nosos oíntes e seguidores poidan recibir máis información e cumpridas noticias dese evento que están a celebrar. Unha honra poder conversar co eles.
Despedímonos ata o seguinte programa, que non será precisamente a semana próxima, xa que estaremos de "Festa Major de Cornellà".
Deixamos que escoiten a colaboración do noso amigo LUIS LOSADA, que nos axuda a coñecer un bocadiño máis a Olga Novo, e recoméndanos a lectura dun seu libro: "Feliz Idade".
Poden escoitar aquí o programa completo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario