Unha nova emisión de "Semprengalicia" con ganas de que poidamos seguir aprendendo algo máis e disfrutar de dúas horas de Radio en Galego. Comezamos coa nosa sintonía de sempre, poñemos unha peza e conectamos con Galicia para recibir a crónica do noso correspondente na Costa da Morte, Oskar da Fontiña. Fai un resumo das noticias máis interesantes, pero aproveitamos para indicarlles que poden ampliar estas informacións visitando a páxina quepasanacosta.gal. Agradecémoslle a súa aportación semanal, da que nos fai partícipes e despedímolo desexándolle unha feliz semana.
|
Oscar Reboiras |
A segunda intervención, é convidado
Oscar Reboiras Loureiro, periodista e escritor de Rianxo que ven de recibir o
II Premio de Novela da Galicia Rural, que lle otorgou o
Concello de San Xoan de Río. Recíbenos moi atentamente e parabenizámolo polo Premio. Fálanos un bocadiño do seu contido, concrétanos que é unha novela negra, da súa escrita, e axúdanos a coñecer un pouco máis cómo foi o proceso de creación desa novela e tamén doutro dos seus libros publicados e presentado precisamente na súa vila natal, aínda que non é unha novela, senón un ensaio: O cronista imposible. Agradecémoslle a súa aportación de hoxe e desexámoslle que siga acadando moitos ésxitos.
|
Juan Antº Seara
|
Voltamos a escoitar outro bocadiño de música e recibimos ao seguinte convidado:
Juan Antonio Seara Ferro, outro escritor e historiador que tamén ven de recibir o
Accésit da XXV Edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2021. Dámoslle os nosos parabens e mantemos con el unha conversa moi interesante. Fálanos da abundante documentación que tivo que consultar para ese traballo presentado:
"O Corpus Christi de Allariz" Inicio e orixe da Confraría do Corpus Christi. Seguirá trascribindo a moita documentación á que tivo acceso e seguro que nos sorprenderá cunha nova publicación. Tamén nos fala doutro traballo sobre arqueoloxía, que se pode ver e consultar no número 46 da prestixiosa revista "Raigame" de Ourense. Desexámoslle moita sorte e moitos éxitos.
Recibimos unha pequena publicación da nosa cronista dos Ancares, Fernanda Follana Neira, aproveitando un pequeno receso na laboura de clausura do "IIIº Raid Fluvial Lugo-Concello de Becerreá". Moitísimas grazas Fernanda. Parabens polo éxito que acadástedes de participación e gañadores. Felicitacións a todo o equipo que coordinas e ate a vindeira semana.
Tamén saudamos ao noso amigo e colaborador Henrique Fdez-Mon Sánchez, que ultimamente sempre nos fai unha pequena visita participativa e fálanos da Festa da Androlla de Navia de Suarna, á que asistiu a fin de semana pasada. Apertas e moitas grazas, Kique.
Escoitamos agora a colaboración, dende as Rías Baixas, concretamente dende Combarro, do nos amigo Xulio Simón Rúa, que nos fala dun "Carballo ilustre" cunha idade de árbore senlleira, en Conxo... Tamén nos ilustra sobre outras especies arboreas e sempre ten algunha referencia ilustrada que inclúe unha lectura dalgún dos nosos esgrevios literatos galegos. Moitas grazas, Xulio.
|
Juan Luis Estévez |
Tamén lles ofrecemos a entrevista-conversa que mantivemos con
Juan Luis Estévez - Panadeiro Artesán de Fisterre. Parabenizámolo porque xa teñen recibido por cuarto ano consecutivo o Premio máis salientable que poden recibir os Panadeiros a nivel Nacional. Agradecémoslle que nos atenda e ilústranos sobre a confección e mellor elaboración dese pan tan aprezado. Tamén nos fala doutras elaboracións de pan moi creativas e solicitadas, e dos cursos on-line que está a impartir, a nivel internacional. Desexamos que siga colleitando moitos éxitos.
Finalizamos o programa de hoxe desexando que disfruten da semana.
Aquí deixamos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario