Segundo programa deste ano 2022 con tódolos nosos oíntes e seguidores, tentando ofrecerlles dúas horiñas de radio entretidas e aprendendo un pouco máis cada día. Despois das salutacións iniciais escoitamos un pouco de música para recibir ao noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que nos fai a súa crónica semanal, aínda que se atopa un pouco convaleciente. Agradecémoslle a súa aportación semanal.
A segunda intervención é a da periodista e poeta Nieves Neira Roca, sobriña do grande poeta Uxío Novoneira. Infórmanos das actuacións que se levaron a cabo para soterrar os restos de Uxío o día de onte na súa terra natal, O Courel. Tamén nos agasalla recitando un poema. ¡Moitas Grazas, Nieves!
Contamos agora coa colaboración do noso amigo Luís Losada, que dende Pontevedra nos envía a súa aportación cultural moi interesante. Concretamente fálanos de Rosalía Fernández Rial, e de "Desnortadas".
Continuamos na segunda hora escoitando a interpretación musical de Xoan Eiriz, que son uns versos de Suso Díaz. Precisamente falamos con el para felicitalo polo CD e tamén pola recente publicación do libro de poemas que leva por título:
"Asulagadas", adicado á memoria do Val do Limia, moi concretamente Aceredo, Buscalque, O Vao e Reloeira. Antes de finalizar a nosa conversa-entrevista recítanos un poema dese mesmo libro. ¡Moitas grazas e moitos éxitos Suso!
Conectamos coa nosa correspondente Fernanda Follana Neira, que tamén ten preparada a súa crónica semanal con informacións e novidades interesantes.
E finalizamos a emisión de hoxe falando co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha charla desenfadada e agradecida. Tamén os informa das próximas publicacións que están a piques de saír do prelo.
Despedímonos ate o vindeiro sábado. Que teñan unha feliz semana. Aquí deixamos o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario