sábado, 8 de xaneiro de 2022

Primeiro programa do 2022, SÁBADO 08 de XANEIRO.

Comezamos coa nosa sintonía de sempre e dámoslle a ben-vida a tódolos nosos oíntes e seguidores. Propoñemos que escoiten unha peza moi interesante, que se atopa en youtube concretamente e que leva por título : "Muller Ferreña". É unha homenaxe que queremos ofrecer ao noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, con quen conectamos a continuación.

Escoitamos outra peza musical e con ela dámoslle a ben-vida a dona Celia Inés Feijoo Soto, Presidenta da Memoria Histórica de Celanova, sobriña de don Luís Soto. Mantemos con ela unha conversa moi agradable e prometémonos voltar a comunicarnos con ela para que nos siga informando das moitas e importantes actividades nas que está inmersa. Agradecémoslle a súa amable atención.


Voltamos a escoitar outra peza musical e poñémonos en contacto con dona Celia Pereira Porto, Presidenta da Fundación Vicente Risco. Unha "entrevista" moi interesante e con moita información. Foi un primeiro contacto que seguro voltaremos a facer para que nos axude a coñecer máis polo miúdo ese grande traballo que están a realizar.


A segunda hora conectamos novamente coa nosa correspondente nos Ancares Lugueses, Fernada Follana Neira, a que felicitamos o ano e aproveita para achegarnos algo de información sobre ese traballo tan interesante que están levando a cabo para a realización da proba ciclista que realizarán no mes de Marzo. Desexámoslle moitos éxitos.

Continuamos a emisión conectando con Galicia para recibir ao noso amigo e colaborador Henrique Fedez-Mon Sánchez, que ademais de comentar parte da nosa emisión, tamén nos fai partícipe de varios aspectos relacionados coas intervencións anteriores.

E finalizamos o programa de hoxe conectando co noso Poeta da Mariña Luguesa, Paco Rivas, que sempre ten unha intervención algo retranqueira e agradable para despedir a tódolos oíntes.

Desexamos que teñan unha feliz semana.

Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...