Despois poñemonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte, Oscar M. Rey, que dende unha aldea perto de Fisterra nos dá conta da súa aportación cultural e informativa relacionada con aquela fermosa terra galega. Tamén nos fai referencia e convídanos a visitar a páxina "Qué pasa na Costa.gal", que nosoutros tamén recomendamos a tódolos nosos oíntes e seguidores, para poderen estar ao día dos acontecementos que alí suceden. ¡Moitas grazas, Oscar!
Continuamos escoitando outro bocadiño de música, nesta ocasión unha novidade-primicia para tódolos nosos oíntes e seguidores, trátase dunha peza do ultimo CD de Pancho Álvarez, que leva por título "Cordas Históricas". Baixamos a música e conectamos con Galicia para falar con dona María Carmen Caramés Gorgal, escritora e poeta galega que nos recibe moi amablemente. Felicitámola por ter acadado o XXII Premio Vecente Risco de Creación Literaria pola novela "A casa da mina". É unha autora con moitos Premios literarios e poéticos. Comentamos un chisco algo dese seu traballo galardonado e agradecémoslle a súa aportación de hoxe. Desexámoslle que siga colleitando moitos éxitos e prometémonos voltar a falar con ela en vindeiras datas.
Saudamos tamén a Henrique Fdez Mon-Sánchez, que sempre se conecta con nosoutros e nos acompaña nas tarefas de entrevistas e comentarios cos nosos convidados. Dámoslle a ben-vinda a Olga Novoa, que dende Ourense nos dá cumprida información da Revista "Nós, a Xente do Redor". Tamén nos fala da súa creación poética. En próximas conexións seguro que nos dará lectura dalgunha poesía súa.
E antes de finalizar comentamos no noso amigo Henrique algunhas cousas relacionadas coa súa visita excepcional ás terras de Portugal.
E despedimos o progama ate o vindeiro sábado á mesma hora.
¡Feliz Samaín e Bon Magosto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario