sábado, 6 de novembro de 2021

SÁBADO 6 de NOVEMBRO do 2021

Este programa de hoxe tivemos que "enlatalo" por mor de certos impedimentos técnicos: Precisamente o noso Técnico, Kiko Belinchón, acaba de ser pai. ¡Nhoraboa! ¡Moitos parabens e moita saúde para criar a ese Alex, que acaba de nacer! Despois das salutacións de comezo e escoitar un bocadiño de música, poñémonos en contacto co noso correspondente na Costa da Morte (Qué pasa na Costa.gal), Oscar M. Rey, que nos envía a súa crónica semanal, para sabermos algo máis daquela contorna galega.


Magosto - Castañada
Despois falamos con Francisco Xabier Rodríguez López, Presidente da A.C.G.Saudade de Barcelona, que nos informa da recente visita que fixeron a Monserrat, coa participación doutras entidades e do Secretario Xeral de Emigración Antonio Rodríguez Miranda. Tamén nos convida, a tódolos oíntes e seguidores, para que poidamos degustar as castañas que esta tarde se repartirán na Sede da Entidade, con motivo da celebración do Magosto 2021. Este ano poderase disfrutar da xuntanza e convivio cos socios e simpatizantes.

Tamén falamos co Presidente do Centro Galego NÓS, de Sabadell, Manuel Vázquez, que esta tarde teñen a celebración dunha obra teatral en galego, a cargo de "Furafollas", e tamén convida a tódolos oíntes, socios e seguidores, para que a vindeira fin de semana, concretamente o día 13 se acheguen a sede da Entidade para degustar as castañas que se entregarán con motivo do Magosto 2021. Agradecémoslle a comunicación e desexamos que teñan moito éxito.


Rubén Alonso
Seguimos escoitando outro bocadiño de música que conectamos con Rubén Alonso de Ponga, que nos fala da presentación da súa 4ª novela: Amores de Guerra y Paz. Coméntanos cómo foi a súa xestación e escrita. Parabenizámolo por ese traballo e desexamos que, a non tardar tamén o poidamos ter presente nalgunha das nosas Asociacións, para poder adquirilo, que no-lo asine e poder departir con el máis polo miúdo.

O Chef Domingo Glz Lorenzo
Falamos agora cun grande CHEF, Domingo González Lorenzo. Tamén o felicitamos e dámoslle os nosos máis efusivos parabens, porque ven de recibir a "Culler de Ouro de Cebiche" no Salón Internaciónal de Turismo Gastronómico "XANTAR" de Ourense. Sentímonos moi orgullosos de telo como un moi bo amigo e desexamos que siga colleitando moitos máis Premios e éxitos.

E despedímonos ate o vindeiro sábado, á mesma hora. Aquí está o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...