A segunda intervención, conversa, é con Moncha Prieto, que nos presenta o seu libro: "Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra", que precisamente para celebrar o día das Letras, escolleu poder asinárllelo a tódolos que se acheguen á librería Agrasar de Monforte de Lemos, precisamente o día 17 a partir das 12 do mediodía. Comentamos moi por enriba de qué trata ese libro e cómo foi a súa elaboración. Desexámoslle moita sorte e que acade moitos éxitos.
E antes de finalizar conversamos con Nieves Fernández Vidueira, a nosa amiga pastora-poeta, e tamén poderíamos dicir escultora con raices e garabullos do monte. Quero facer mención a eses elementos da natureza aos que a nosa Nieves lle fai representar, xa que parecen falar e dar a entender que representan aquelo que ela mesma é capaz de crear. Ela díxonos que non fai máis ca limparlle o que sobra, xa que os propios paus xa lle transmiten o que van ser. No seu museo (Museo da Nieves en Quintela do Pando-Viana) podedes contemplar esas maravillas que confeccionou coa súa navalla. Conversamos moi distendidamente sobre varias cousas cotiáns, do seu labor como pastora, das súas creacións poéticas, da súa fotografía... Un pracer e unha honra para o noso programa escoitar e disfrutar da súa amena charla. ¡Grazas artista!
E despedímonos ate o vindeio sábado.
¡Que teñades unha feliz semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario