O primeiro programa deste mes de MAIO, que comezamos dándolles a ben-vida e saudando a Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño, do Grupo CAAMAÑO&AMEIXIERAS, que nos presentan o seu ultimo traballo, un CD que leva por título AIRE, e que ofrece 11 temas escollidos, de música tradicional acompañadas de grandes autores e músicos moi importantes. Elas, moi humildemente, dícennos que se sinten moi honradas coa participación deses músicos de grande talla, pero elas tamén o son: Grandes. Felicitámolas por ofrecernos esas interpretacións feiticeiras, que pronto estrenarán e presentarán en Galicia, concretamente o día 17 deste mesmo mes de maio, no Festiletras. E o día 5 de XUÑO teremos a oportunidade de poder disfrutar delas no CAIXA FORUM de Barcelona. Agradecémoslles a súa amable atención e desexámoslles moitos éxitos!!!
A segunda invitación, conversa e entrevista, é co noso admirado poeta e escritor MODESTO FRAGA MOURE. Concédenos estes minutos do seu lecer e traballo intenso, para darnos a coñecer unha serie de actividades e actuacións que están a preparar con motivo do 25 aniversario do Batallón Literario da Costa da Morte. Tamén nos informa da revindicación e próxima actuación, o día 22 deste mes, con moitos participantes máis, no Poesía polos Penedos. Un acto que se celebrará durante todo o día para reclamar que non se sementen aereoxeneradores naquela comarca protexida e de grande riqueza natural e patrimonial.
Despois conectamos co noso correspondente en Combarro, Xulio Simón Rúa, que nos fai a súa crónica semanal e cultural. Agasállanos coa lectura de sendos poemas escollidos por el, aproveitando que se fan unhas publicacións especiais no Diario Nós, moi interesantes e moi recomendables. Moitas Grazas pola túa aportación, Xulio.
E para finalizar voltamos novamente á conversa que interrumpimos con Modesto. Fálanos dese seu traballo que xa está na imprenta, relacionado coa literatura fisterrá. A súa Finisterranía está máis que demostrada, non só polas súas publicacións senón tamén polo seu intenso traballo de investigación e posta en valor dos moitos personaxes que sairán ao prelo en próximas datas. Agradecémoslle a súa participación no noso programa de hoxe, e comprometémonos a falar novamente con el, cando estea editado ese libro.
Desexamos que teñan unha feliz semana. A continuación o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario