Despois da sintonía e saudos a tódolos nosos oíntes e seguidores, comezamos o programa de hoxe conectando con María e Miguel, dous profesionais veterinarios que levan adiante un proxecto de elaboración de queixo, en Guitiriz: Chámase BISQATO, e veñen de recibir un Premio a nivel Nacional, moi importante no http://internationalcheesefestival.com. O Talento do Queixo-queixo de autor, que lle concederon en Asturias. Dámoslles os nosos parabens e fálannos do seu proxecto tan interesante. Agradecémoslle a súa aportación e participación no programa de hoxe. Que sigan colleitando moitos éxitos.
A segunda intervención é con Aser Álvarez, de Arraianos Produccións. Agradecémoslle que nos deixara compartir o pequeno documental dedicado a Xela Arias, que precismanete colgaremos ao final do programa de hoxe. Tamén nos informa doutras actividades e documentais nos que está a traballar. E adiántanos, en primicia para tódolos nosos oíntes, a próxima celebración dos nomeamentos de Arraianos, que este ano será en Entrimo na primeira semana de Agosto, e que recaerá na figura do noso benquerido Xosé Lamela Bautista, a título póstumo. Desexamos que sexa todo un acontecemento exitoso.
Continuamos na segunda hora, conectando co noso correspondente nas Rías Baixas, Xulio Simón, que nos ten preparada a súa crónica semanal, de aprendizaxe sobre cultura galega en xeral.
Despois falamos con Inés Mirás, guitarrista e teclista do Grupo musical galego " A BANDA DA LOBA", que nos fala do último traballo publicado: A fábrica da Luz, e tamén do traballo realizado para conmemorar o día das Letras Galegas 2021, no que inclúe a musicalización dun tema de Xela Arias. E despedímola cunha peza do CD que mentamos ao comezo da entrevista.
E finalizamos o programa ofrecéndolles o Documental que nos deixa compartir o noso amigo "Aser Alvarez", para conmemorar a figura de Xela Arias. https://www.youtube.com/watch?
A vindeira semana voltaremos con máis noticias e máis música. Ahí lles deixamos o programa completo, como cada semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario