sábado, 29 de maio de 2021

SÁBADO 29 de MAIO do 2021

Comezamos outra emisión máis do "Semprengalicia" coa nosa sintonía e despois das salutacións oportunas dámoslle a ben-vida a Ariana Barrabés e Jesús Olivares 

do Grupo de Música EVOÉH. Agradecémoslle que aceptaran o noso convite para que nos falen da súa traxectoria musical e da próxima actuación prevista para o día 5 de xuño no colexio Torre de la Miranda -c/Almogávares,10 de Cornellà. Farán un concerto con motivo do 40+1 Aniversario da A.C.G. Rosalía de Castro. Que saiban que, aínda que a actuación e asistencia é completamente gratuíta, teñen que poñerse en contacto co nº de teléfono 620 236 571, para reservar plaza, porque así o requiren as normativas sanitarias para estes eventos. Seguro que será unha actuación moi feiticeira. Desexámoslles moitos éxitos.

A segunda intervención é a de Antón Blanco, poeta e Lector de Galego na Universidade de Barcelona a quen lle agradecemos a súa aportación no noso programa. Trátase da Exposición que se pode contemplar na Biblioteca da UAB, dedicada a Xela Arias. Os que o desexen poden disfrutar dunha visita guiada polo propio Antón o vinderio luns ás 12 ou ás 17h da tarde, así como tamén o martes. Poderán disfrutar das explicacións oportunas, a cargo do propio Antón, sobor da nosa poeta galega a quen lle dedican as Letras Galegas 2021, e quizaves tamén da poesía desta grande autora. ¡Grazas Antón!

Chamamos a Carmen Penim para felicitala pola concesión do Premio que ven de recibir na Coruña, pola mellor adaptación da canción "Aí ven o barco do mar". Tamén nos adianta algo sobre o traballo que está a realizar, xunto con Maurizio claro, dedicado aos nenos: "Ven, que che canto un conto". ¡Parabens!

Seguimos, na segunda hora, conectando co noso correspondente en Combarro, Xulio Simón, que nos ten preparada a participación do Catedrático Xosé Henrique Costas. Saudámolos cordialmente e mantemos unha pequena conversa chea de ensino e engado para todos nós.
 

Voltamos a Galicia para conectar con Arantza Portabales, escritora que ven de presentar e publicar o libro: "A vida secreta de ÚRSULA BAS". Falamos da súa traxectoria creativa, dos premios acadados, da súa literatura e, cómo non dese libro. ¡Moitas grazas, Arantza! Foi unha honra e un pracer terte na nosa emisión.

E finalizamos desexando que teñan unha feliz semana. O vindeiro sábado máis. 

Aquí teñen o programa completo.


Ningún comentario:

SÁBADO 23 de NOVEMBRO do 2024

Unha semaniña máis con todos vostedes. Tentamos levar adiante este programa con ánimos de aprender e procurar ofrecervos dúas horas de Radio...