Comezamos o programa coa nosa sintonía de sempre e dándolles a ben-viinda. Recibimos nos estudos virtuais a Suso Díaz, escritor e poeta de quen nos consideramos amigo e por outra parte grande colaborador das nosas inquedanzas e participativo en todo o que lle propoñemos. Falamos desa publicación que nos fixo chegar Manuel Rivero Pérez: "A Maldición do Encoro". Un acontecemento moi relevante da nosa historia de Galicia e moi concretamente da Baixa Limia, xa que se centra no Encoro das Conchas, en Bande. Comentamos algunhas cousas moi ben relatadas nese libro que constitúe unha documentación moi detallada que servirá, coidamos nós, para axudar a comprender moitas cousas das que aconteceron, aos nosos sucesores, ás seguintes xeracións.
Interrumpimos a charla para saudar moi cordialmente a TERESA MACEDO, unha Profesora e escritora portuguesa, concretamente de Guimaraes, que nos recibe moi amablemente e que presentamos como a persoa que teremos como colaboradora nos nosos programas con certa asiduidade. Agradecémoslle a súa inestimable participación e concretamos que voltaremos a tela nestes "estudios virtuais" en vindeiras ocasións para facer de comunicadora e irmandade intercultural. ¡Moitas GRAZAS!
Continuamos a conversa con Suso Díaz, voltamos aos contidos do libro de Manuel Rivero Pérez, xa mentado: A Maldición do Encoro. Hai detalles e situacións que se describen nel que nos poñen en coñecemento das moitas xoias patrimoniais que se asulagaron coa construcción dese encoro. Antes de finalizar a conversa, aínda temos tempo para sentirnos agasallados coa lectura de dúas creacións poéticas deste grande amigo, Suso Díaz. Agradecémoslle a súa participación.
Despois conectamos con Galicia novamente para falarmos con Manoel Carrete, que ven de publicar un libro para conmemorar o 30 Aniversario da Federación de Entidades Galegas en Cataluña. Tamén nos comenta algunhas das moitas cousas nas que está mergullado, como son a posta en marcha dos Museos da Ribeira Sacra e outro en Castro Caldelas, así como a grande tarefa que representa o Museo da Emigración. Agradecémoslle a súa aportación informativa e desexémoslle moitos éxitos.
E despedímonos de todos vosoutros ate o vindeiro día 8 de MAIO. Non haberá programa o día 1. Aquí tedes o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario