Unha emisión máis con todos vostedes. Comezamos conectando con Galicia para falarmos con MANUEL RIVERO PÉREZ, Licenciado en Socioloxía, Psicoloxía, Antropoloxía e Ciencias Políticas e Escritor. Interésanos que nos fale dese libro que escribiu e que acaba de publicar a Deputación de Ourense: "A maldición do Encoro". Está centrado nas investigacións e conversas que Manuel fixo para a construcción do Encoro das Conchas. Unha parte da historia recente dunha parte moi importante da Baixa Limia. Tivemos que cortar a súa intervención por mor de que xa tiñamos comprometida outra conversa-entrevista, pero prometémonos voltar a darlle paso a unha segunda intervención e proposta de conversa, en vindeiras datas, para profundizar e aprender algo máis deste grande acontecemento da historia da Baixa Limia, descrita por Manuel, que seguro nos axudará a comprender moito mellor o que aconteceu con ese Encoro das Conchas. ¡Grazas Manuel Rivero!
A segunda intervención, conversa-entrevista é con don
BERNARDO PENABADE REI, que ven de ser nomeado Membro da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Ademais é Profesor no Instituto Perdouro de Burela, e impulsor do
"Modelo Burela" (unha forma diferente de educación e ensino), é escritor de varios libros, entre os que el mesmo nos destaca "Conversas con Isaac Alonso Estraviz. Fálanos dese traballo educativo tan interesante e coméntanos que están a traballar para que se publique unha Tese Doutoral que fixo Sara Xil, na que estudia o "Modelo Burela", poñendo en valor todo ese traballo conxunto, posto que foi valorado, na Universidade onde o presentou, cunha nota de sobresaliente cum laudem. Parabenizámolo e prometemos voltar a conectar con el para que nos siga amosando moitas cousas interesantes.
Continuamos a emisión conectando con don XOSÉ BENITO REZA, enxeñeiro de montes e escritor, que nos fala do seu ultimo libro, recentemente publicado pola Deputación de Ourense: O Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. A protección dos espazos Naturais en Galicia. Coméntanos a grande riqueza que temos en Galicia con relación aos Parques Naturais... aprendemos con el moitas das cousas que se deben poñer en valor aproveitando a investigación que este grande amante da Conservación da Natureza nos amosa. Tamén nos fala do perigo que se achega coa "semente de muiños eólicos" en lugares indiscriminados, e moi concretamente nunha zona de alto valor ecolóxico e patrimonial perto de Celanova... A verdade é que cumpriríanos un programa enteiro para que poidéramos acadar unha visión mínima e coherente con respecto a tanto saber que nos amosa. Agradecémoslle a súa amable colaboración de hoxe. Seguro que voltaremos a conectar con don Xosé Benito, en vindeiras datas, para seguir aprendendo e disfrutando da súa conversa. E despedímonos ate o vindeiro sábado. Sexan felices!!!
Ahí teñen o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario