Comezamos, un sábado máis outra emisión do "Semprengalicia", coa nosa sintonía, as salutacións e un bocadiño de música para recibir ao noso correspondente, na Costa da Morte, OSCAR M.REY CALO, que sempre ten preparada unha sucinta crónica escollida entre as moitas noticias que por aquela contorna acontecen. Xa saben que poden amplialas na páxina quepasanacosta.gal. E tamén informamos que mañá, domingo, este noso programa re-emítese nas ondas de Radio Roncudo a partir das dez da mañá. Agradecémoslle a colaboración.
A segunda conexión volve a ser con Galicia, con ROQUE DURÁN, das Adegas Terra de Asorey. Felicitámolo porque acaban de ser elixidos polo Foro E. Peinador para realizar un Acto de "Galeguidade Empresarial: Medrando co Galego. Economía e compromiso coa identidade". O Acto contou coa participación de María do Ceo e estaba promovido polo Foro coa colaboración da Xunta e da Deputación de Pontevedra e a propia Adega. Mantemos unha conversa moi instrutiva relacionada co traballo e producción vinícola das Adegas familiares, que ofrecen uns produtos de moita calidade. Agradecémoslle a súa amable atención e desexamos que sigan colleitando moitos éxitos.

Seguimos a emisión e recibimos á nosa correspondente nos Ancares Lucenses, concretamente dende Becerreá,
FERNANDA FOLLANA NEIRA, que nos fai participar da súa aportación cultural e achéganos outras noticias recentes que teñen moito que ver con acontecementos propios do lugar, como a recente inauguración da
"Panadería da Montaña", a cargo de Mar Díaz e Adrián. Moitas grazas pola túa aportación, Fernanda.
Recibimos, a continuación as recomendacións do noso correspondente viaxeiro, reporteiro gráfico e documentalista,
XOAN ARCO DA VELLA, que nesta ocasión achéganos a un lugar pertiño da raia, concretamente á parroquia de Pesqueiras, no Monte Castelo, pertencente a Salvaterra do Miño, para que visitemos a Capela da Asunción que se atopa nun lugar moi singular, dentro dunhas rochas de grandes dimensións. Un lugar dende o que se poden contemplar ademais unhas vistas extraordinarias.
Despois de escoitar outro bocadiño de música recibimos a
CONCEPCIÓN ARZA, máis coñecida no lugar como "Chiña", a quen felicitamos pola visita que tivo, hai uns días, dunha televisión do Xapón:
𝐍𝐇𝐊 𝐄𝐝𝐮𝐜𝐚𝐭𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥 𝐓𝐕, interesándose polos seus doces e traballos moi relacionados coas castañas. Precisamente é a "Tortacourelá" a que comercializa no seu
"Delicias do Souto". Desexamos que teña moito éxito.
E despedímonos de vosoutros, benqueridos escoitantes e seguidores, deixándolles unha pequena selección de pezas musicais para adubiar o final deste nosos programa de hoxe. Deseamos que teñan unha feliz semana e que volvan a escoitarnos o vindeiro sábado á mesma hora.
Deixamos aquí o programa Completo-Enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario