Comezamos unha nova emisión de "Semprengalicia" despois do descanso da Semana Santa, conectando con Galicia para falar co actor FEDERICO PÉREZ REY, que nos fala da película "CUÑADOS" recén estreada e da que é un dos seus actores protagonistas. Coméntanos cómo foi o proceso de realización e algunhas das situacións desa película chea de momentos de enredo, paisaxe fermosa e moita comedia. Un grande traballo que nos convida a que vaiamos a disfrutala, que xa está en moitas salas de Cine dende onte. Moitas grazas, prezado Federico, e moitos éxitos!!!
A seguinte convidada é Maika Maia Santomé, que nos fala dese traballo tan importante que estivo a fomentar perante o confinamento que sofrimos durante este pasado ano 2020, e que continúa neste ano. Os camioneiros teñen que agradecerlle esa posta en escena que fixeron persoas como Maika, para que os esforzados camioneiros, en particular o seu esposo Anxel, tiveran un mínimo de atención nesa tarefa de servicio e transporte esforzado, durante este tempo tan delicado para todos. Agradecémoslle a súa amable atención e disponibilidade, neste noso humilde programa.
Conectamos co noso correspondente nas Rías Baixas, concretamente en Combarro, Xulio Simón, que nos ten preparada a súa proposta comunicativa semanal. Tamén aproveitamos para conectar con Fernanda Follana Neira, que dende as Terras dos Ancares nos informa moi sucintamente. Agradecémoslle a súa aportación.
E para finalizar ofrecémoslle a Entrevista que nos concedeu dona Amparo Alonso Betanzos, Presidenta da AEPIA, Axencia Española para a Intelixencia Artificial. ademais
de profesora da UDC e coordinadora do grupo de investigación LIDIA. Unha engaiolante conversa coa que nos axuda a aprender algo máis, e comprometémonos a volver a convidala para poder seguir aprendendo.
Finalizamos o noso programa ate o vindeiro sábado á mesma hora. Aquí deixamos o programa completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario