Nova emisión do noso programa
"Semprengalicia" tentando que teñan dúas horas de radio, en galego, entretidas e con novidades, música, entrevistas e moitas cousas para aprender. A primeira convidada é dona
SARELA GARCÍA SANTAMARINA, unha Fonsagradina de grande prestixio, investigadora, doutora en Biomedicina, Master en Bioquímica e Bioloxía Molecular, Licenciada en Química... etcétera. Dámoslle a benvida, despois de escoitar un bocadiño de música e mantemos con ela unha pequena conversa-entrevista moi esclarecedora do seu traballo tan importante. Saudamos tamén a participación de
Carlos Xabier Ares, que se une á nosa entrevista. Agradecémoslle moi especialmente a participación de Sarela, porque a pesar de estar convaleciente por culpa do coronavirus, dedícalle estes valiosísimos minutos á nosa audiencia. ¡Moitas grazas e, unha grande aperta Sarela!
Voltamos a escoitar outro bocadiño de música e entramos de cheo conversando con
Carlos Xabier Ares Pérez, Diplomado en Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela, escritor e investigador da nosa cultura galega, moi en particular da zona de Viana do Bolo, lugar do seu nacemento. Tamén é para nos unha honra contar coa súa participación e colaboración de hoxe.
Continuamos a emisión, despois de escoitar outra peza musical, para darlle a ben-vida e saudar a Juan Rodríguez Gómez-Dacal, membro do Centro Galego de Lleida, e coordinador da revista "Xurdimento" que se acaba de publicar e presentar na Sé da Entidade o venres pasado. Enviámoslle os nosos parabens e cóntanos algo do que podemos contemplar e ler na revista. Ahí atopamos artigos de socios, amigos e escritores importantes, entre os que se atopa precisamente Carlos Xabier Ares. Agradecémoslle que nos atendera tan amablemente e que nos fixera partícipe deste evento.
Despois saudamos ao noso correspondente nas Rías Baixas,
Xulio Simón Rúa, que nos relata a súa crónica semanal, moi relacionada co emprego do noso idioma por parte do clero galego. Tamén intervén a nosa correspondente nos Ancares Lugueses,
Fernanda Follana Neira, coa súa crónica semanal. O coloquio que mantemos, entre todos, neste "estudio virtual" é moi flúido e interesante. Enviámoslles os nosos agradecementos a todos eles e despedímonos de tódolos nosos oíntes e seguidores ate o vindeiro sábado á mesma hora.
Que teñades unha feliz semana.
A continuación colgamos o programa enteiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario